
Ver fotos da exhibición da escola municipal de xadrez
10/11
Ver memoria
da escola municipal de xadrez
10/11
Ver fotos de la exhibición de la escuela municipal de ajedrez 09/10
A Escola Municipal de Xadrez do Concello de Soutomaior vai
dirixida a persoas a partir dos 6 anos que desexen iniciarse na
práctica deste deporte e desenvolver todas as capacidades ao máximo
dunha maneira divertida.
Pablo García Castro, profesor da Escola de Xadrez de Pontevedra
e coordinador da Unidade de Xadrez da Universidade de Vigo será o
encargado de impartir as clases.
Levar o deporte aos centros municipais axuda a garantir que todos
e todas os atopemos na educación física e no deporte un medio para
favorecer o noso desenvolvemento, mellorar a saúde e conservar a
cohesión da familia e a sociedade.
É de especial interese, polo tanto, facer un esforzo por mellorar
a actividade deportiva e, sobre todo, en idade escolar.
Por que o Xadrez? A experiencia acumulada e os
exemplos noutros países, coma Rusia, Bélxica ou Cuba, amosan como,
non só é importante levar o xadrez a escola polo que ó aspecto
deportivo estrictamente se refire, senón que se cadra máis
importante aínda, pola súa valía dentro do contexto da Educación.
Sen dúbida un dos obxectivos prioritarios que perseguimos dende a
Escola Municipal de Xadrez de Soutomaior, é o de amosar á sociedade
en xeral, e ás persoas involucradas no proceso educativo en
particular, como aproveitar os recursos que como ferramenta
pedagóxica ofrece o milenario xogo do Xadrez.
Áreas:
Introducción ao xogo
Historia do xadrez
O que se necesita para xogar
- O taboleiro de xadrez
- As pezas
- O reloxo de xadrez
Resumo da regras do xogo Resumo das normas de notación axedrecística
Etapas do xogo
Táctica e estratexia axedrecísticas
Obxectivos:
- Fomentar a práctica deportiva en idade escolar nos
centros de ensinanza e asociacións culturais do Concello de
Soutomaior.
- Potenciar a contribución do Concello de Soutomaior no proceso
educativo dos mozos e mozas en idade escolar e na creación de
hábitos saudables a través do deporte.
- Contribuír a unha educación integral e plena do alumnado
a través do deporte.
- Acadar mediante a práctica dunha actividade deportiva
organizada as bases dunha condición física e unha mellor calidade de
vida da persoa.
- Dar a coñecer á xuventude de Soutomaior e ás persoas
próximas a súa formación persoal e académica, as posibilidades do
deporte do Xadrez, non só desde unha perspectiva de lecer ou
competición, senón tamén como ferramenta pedagóxica.
- Fomentar a práctica e uso da lingua galega.
- Gozar e aprender co Xadrez.
Destinatarios/as: a partir de 6 anos.
Horario os luns de 17 a 18 h
Práctica tutelada para ambos grupos:
18,00 a 18,30 h (consistirá en xogar con outras persoas e poñer en
prácticas os coñecementos adquiridos competindo con persoas doutras
idades e coñecementos).
Matrícula: 42 € empadroados/as;
108 € non empadroados/as. A actividade comeza en outubro e remata en
maio.
O pago divídese en tres:
PAGO 1º outubro a decembro: 14 € / 36 €
PAGO 2º xaneiro a marzo: 14€/ 36€
PAGO 3º abril - maio:14 €/ 36€
Prazo de Inscricións: ata o 14
de outubro
Prazas: 15/grupo
Solicitude inscrición
Información y matrícula:
Oficina Municipal de Información Juvenil
R/ Muelle, 8 – Multiusos - Ayuntamiento de Soutomaior
Tfno.: 986 700 822 omix@soutomaior.com
www.soutomaior.com
