Escola Municipal de Teatro

Curso 2011-2012

INFORMACIÓN XERAL E PROGRAMA  

 A Escola Municipal de Teatro, do Concello de Soutomaior comezou a súa andaina no ano 2002. Desde o inicio do curso no mes de outubro a escola realiza moitas actividades ademais da preparación dunha obra que representa coincidindo co final das clases, saídas, exposición “ A escola día a día”, festa de fin de curso,...  

Os obxectivos XERAIS da escola son:  
-          Descubrir e fomentar os  recursos expresivos e comunicativos dos/as  nenos/as.
-          Estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas.
-          Preparalos/as  para o xogo dramático espontáneo e libre, vencendo a  vergonza e a timidez e motivando o traballo en equipo, cooperativo e solidario ó tempo que se fomenta a non discriminación de xénero na interpretación de accións e personaxes. 
-          Aprendizaxe activa e goce do noso folclore infantil poético (cancións, ditos, etc) e dos  xogos tradicionais galegos sen diferenciar entre os considerados pola tradición  “xogos de nenos e de nenas”.
-          Desenvolver as destrezas manuais en todo tipo de actividades plásticas. -          Concienciación sobre o coidado do contorno urbano e natural.
-          Fomentar o hábito da lectura  como goce.
-          Familiarizar os/as nenos/as coa escoita de contos e a súa participación nas sesións de contacontos.
-          Favorecer a fluidez na expresión oral e escrita.   

Trabállanse os seguintes contidos teórico - prácticos:

 - A Interpretación
 - Expresión oral 
 - Expresión corporal 
 - Voz
 - Música e Coreografía
 - O corpo, elemento fundamental no proceso de aprendizaxe (mobilización, desinhibición, expresión)
 - O Eu e o grupo (socialización).
 - O espazo, e os elementos (experimentación cos sentidos). *
 - Crear, expresar e comunicar (dramatización).

Prácticas de aula:

Voz, respiración, fonación, articulación, entoación musical, técnicas corporais, relaxación, lectura expresiva, improvisación, dicción e vocalización, lectura de textos dramáticos, baile e posta en escena.  

Durante as clases trabállanse moitos outros contidos que teñen que ver co currículo oculto da ensinanza falamos de temas como a educación en valores, igualdade de xénero, habilidades sociais (falar en público, a autoestima) o que proporciona a estas clases un valor engadido moi valorado polas familias que consideran esta actividade como moi atractiva e interesante para a formación dos/as seus/súas fillos/as. Por tanto, a través do XOGO e da MÚSICA como elementos dinamizadores  para traballar as distintas áreas:

 - Expresión plástica                            
 - Expresión musical                           
-  Expresión dramática.        

 Faremos exercizos de:                      
- Presentación                 
- Sensibilización                    
- Mobilización.                
- Relaxación.                    
- Dinámica de grupo.     
- Xogo dramático.                    
- Desinhibición.               
- Dramatización.  

 

ORGANIZACIÓN DAS CLASES:

 Para traballar os contidos anteriores e acadar os obxectivos xeras da Escola organízase ao alumnado en grupos.

A Escola  Municipal de Teatro este ano  pon en marcha un novo grupo para que así poidan ir promocionando de curso os antigos alumnos/as e anotarse novas persoas. Teranse en conta os criterios de idade, coñecementos e madurez do alumnado á hora de confeccionar os grupos. Se a profesora considera que un alumno/a debe permanecer no grupo no que xa está comunicarase ás familias.  

A obtención de praza comunicarase unha vez rematado o prazo de inscrición. Teñen preferencia as persoas inscritas en anos anteriores. No caso de estar en reserva, cando remate o prazo de inscrición, comunicarémoslles a estas persoas se están inscritas, así como, calquera outra incidencia con respecto á organización das clases. O prazo de inscrición rematará o día 27 de setembro. Os grupos formaranse si se cobren un mínimo de 15 prazas.  

As clases comezarán no mes de outubro e rematarán no mes de xuño; o horario será:

Grupo infantil: 4 a 8 anos; sábados de 12 a 13,30
Grupo xuvenil 1: 9 a 12 anos; venres de 20,00 a 21,30 h
Grupo xuvenil 2: 13 a 16 anos: sábados de 10,30 a 12,00 h    

O pago da matrícula  inclúe o material e o persoal docente e é para todo o curso 2011/2012. As persoas empadroadas pagarán unha matrícula anual de 42 euros e as persoas non empadroadas de 105 euros.

pdg Solicitude inscrición

Exposición Fotográfica Escola Municipal de Teatro (Grupo Xuvenil) 2011



Teatro xuvenil 11  Ver exposición

   

 

 

Exposición Fotográfica Escola Municipal de Teatro (Grupo Infantil) 2011



Teatro infantil 11
  Ver exposición

   

 

 

CLAUSURA DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Concellería de Xuventude
SÁBADO 18 DE XUÑO
Grupo xuvenil: Obra “ Moita televisión”,
 ás 20,00 h no Multiusos en Arcade.

 

Concellería de Xuventude
DOMINGO 19 DE XUÑO  
Grupo infantil: Obra “O nacemento do dragón”
ás 19,00 h no Multiusos en Arcade.

 

<vacío> Ver díptico [PDF]





REPRESENTACIÓNS

"Moita televisión" (2011) Descargar Fotos
"Nacemento do dragón" (2011) Descargar Fotos
"A cidade dos nenos/as" (2010)
"Expediente XL: pánico en casa Pepe" (2010) 
"Contadores/as de historias" (2009) Descargar Fotos
"A boa pipa" (2009) Descargar Fotos
"Misterio na Escola" (2007) Descargar Fotos
<vacío> "Os trasnos de Pitocairo" (2007) Descargar Fotos
<vacío> “Telexornal ningunha edición” (2006)
<vacío> “Todo é un conto” (2006)
<vacío> “Paroladas ao teléfono"
<vacío> .“Estación de autobuses”
<vacío> “Agarico e o cogumelo” (2003)
<vacío> “Leonardo e as Bruxas” (2004)
<vacío> “Inés no país dos contos” (2004)
<vacío> “Eu tamén quero ser bufón” (2005)
<vacío> "¡Mamasiña que medo!” (2005)


Soutomaior

  Ver exposición

 

 

 


Teatro


 



© 2009 Multiusos en Arcade | Rúa Peirao, 8 36690 - Soutomaior Pontevedra | Webmaster: LYC Servicios Informáticos
Teléfono e Fax: 986 700 822 | omix@soutomaior.com