Escola de pais e nais


Contido

A tarefa de educar é unha tarefa ardua e complicada, polo que, promovemos este proxecto de apoio familiar denominado “Escola de pais e nais: por e para unha mellor convivencia”, para a configuración dun novo espazo de formación, orientación e reflexión sobre a dinámica familiar como instrumento para o traballo conxunto no que as familias, a administración local e a escola configuren unha forma de traballo grupal e sistémica, inspirada en valores de colaboración e complementariedade e, que de maneira organizada proporcione a formación dos/as pais e nais para educar aos seus/súas fillos/as mellorando así as relacións familiares e da comunidade. Para isto desde a Concellería de Xuventude promovemos para este ano 2009 un proxecto de educación familiar no que participen todos os membros da familia: os adultos mediante os obradoiros – charlas e os fillos/as no obradoiros lúdicos para todas as idades.

Obxectivos:


• Sensibilizar ós pais e as nais acerca das necesidades psicosociais dos integrantes da familia
  nos diversos momentos do desenvolvemento e a incidencia dos comportamentos familiares na   promoción de coñecementos nos seus fillos e fillas.
• Construír un espazo de reflexión para pais e nais sobre situacións cotiás e sobre
  criterios básicos de funcionamento do grupo familiar.
• Favorecer a comunicación no grupo familiar e co entorno comunitario facilitando a creación
  de redes sociais.
• Dotar aos pais e ás nais de ferramentas que posibiliten un crecemento integral dos seus fillos
  e fillas e do grupo familiar.
• Formar e informar ás familias sobre temas de actualidade
• Axudar a detectar o antes posible as problemáticas que poidan xurdir na familia.


Destinatarios/as:


Pais e nais do municipio de Soutomaior


PROGRAMAción pendente

 

As persoas interesadas en coñecer máis información sobre estes obradoiros poderán facelo na OMIX, r/ Peirao, 8 – Multiusos – Arcade (Concello de Soutomaior) Teléfono 986700822, omix@soutomaior.com . Terán preferencia nos obradoiros lúdicos os nenos e nenas que asintan coas persoas que participen no programa de adultos (charlas – obradoiro).


© 2009 Multiusos en Arcade | Rúa Peirao, 8 36690 - Soutomaior Pontevedra | Webmaster: LYC Servicios Informáticos
Teléfono e Fax: 986 700 822 | omix@soutomaior.com