


PROXECTO AFECTIVO SEXUAL DIRIXIDO Á MOCIDADE
Organiza: Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior
Programación
ACTIVIDADE 1: OBRADOIROS SOBRE SEXUALIDADE
Consiste en realizar unha serie de dinámicas dirixidas a analizar
cales son os nosos mitos sexuais e rachar con tabús, aprender a
coñecernos e valorarnos e proporcionar información fiable sobre
todos os aspectos que teñen que ver coas nosas relacións afectivos
sexuais desde unha perspectiva positiva e preventiva.
Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas a partir de 12 anos.
ACTIVIDADE 2: APRENDENDO A LIGAR
Consiste na realización de obradoiros lúdicos mediante os cales os
mozos e mozas aprendan habilidades sociais que inflúen nas relacións
afectivo sexuais e no xeito de relacionarse e interactuar con outras
persoas: falaremos de: comunicación, toma de decisións, negociación,
autoestima, etc.
Esta
actividade vai dirixida a mozos e mozas a partir de 14 anos.
ACTIVIDADE 1: A VIOLENCIA NAS RELACIÓNS AMOROSAS
Consiste na realización dunha serie de obradoiros mediante os cales
a mocidade aprenda a expresar os seus sentimentos de xeito
constructivo e positivo manexando os conflictos e mellorando a
comunicación dentro das relacións afectivas para previr conductas
violentas e abusivas.
Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas a partir de 14 anos.
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTE PROGRAMA EN:
OMIX, R/ Peirao, 8 – Multiusos – Arcade
36690 Concello de Soutomaior
Teléfono 986 700 822,
omix@soutomaior.com