


O servizo de xuventude do Concello de Soutomaior a través da súa Oficina Municipal de Información Xuvenil é a dependencia administrativa na que se facilita información e orientación sobre calquera tema de interese xuvenil, poñendo a vosa disposición unha serie de servizos especializados e un fondo de documentación organizado por áreas de interese que se pode consultar en horario de oficina.
Entre outros temas atoparedes información sobre: asociacionismo, voluntariado, turismo activo, premios e concursos, bolsas e axudas, actividades de lecer e tempo libre, ofertas de emprego, carnés con descontos, actividades e outros servizos municipais.
Tamén tedes a vosa disposición as asesorías especializadas:
- Emprego
- Educación
- Vivenda
- Asociacionismo
A OMIX expide o CARNÉ XOVE, destinado á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, ambas incluídas.