Escuela de Padres y Madres

 

A OMIX do Concello de Soutomaior é centro colaborador do programa de garantía xuvenil.
 
Onde e como tes que facer para inscribirte?
Podes facelo na OMIX do Concello de Soutomaior
 
Que che ofrecemos?
Inscribirte directamente e axudarche a cubrir a solicitude (descargar ficha)
 
OMIX, Multiusos (Arcade).
Tel 986700822
Horario: de luns a venres de 15,30 a 20,30 h agás os mércores que abrimos de 9 a 14 h
omix@soutomaior.com


Que é a Garantía Xuvenil
é unha iniciativa da UE que ten como obxectivos que a mocidade entre os 16 e 29 anos que non estén cursando estudos, formación ocupacional ou non teñan emprego, poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación.
 
Quenes poden ser beneficiarios/as?
 
MOZOS E MOZAS DE 16 A 29 ANOS
 
Requisitos:
 - Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suiza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
 - Estar empadronado/a en calquera localidade do territorio nacional español.
 - Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición no Fichero do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
 - Non traballar nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
Non recibir accións educativas que conlleven máis de 40 horas mensuales nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
 - Non recibir accións formativas que conlleven máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
 - Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.
 
 
 
NO CASO DE SER UNHA EMPRESA
Principais vantaxes
O programa de Garantía Xuvenil tamén contempla importantes vantaxes para as empresas en materia de apoio á contratación, especialmente para a contratación indefinida e os contratos formativos.
As medidas da Xunta de Galicia de apoio ás empresas que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil son:
Axudas ás empresas que contraten baixo calquera modalidade contractual temporal, sempre que esta teña unha duración mínima de 6 meses. Os incentivos incrementaranse se o período de contratación é maior.
Incentivos aos contratos indefinidos sempre que supoñan un incremento do persoal da empresa.
Unha subvención adicional a aquelas empresas que transformen os contratos temporais en indefinidos.
Incentivos aos contratos en prácticas, de persoas xóvenes, en situación de desemprego e sen previa ou escasa experiencia laboral en empregos relacionados coa súa titulación.
Estes incentivos serán compatibles coas bonificacións e reducións de cotizacións á Seguridade Social que o Estado concede a estes contratos indefinidos, contratos para a formación e a aprendizaxe, os contratos en prácticas e o contrato a tempo parcial con vinculación formativa.
Darse de alta no sistema
As empresas rexistradas podedes consultar se o mozo ou moza que queredes contratar está rexistrado no sistema de Garantía Xuvenil e, por tanto, podedes aplicarvos a bonificación pola súa contratación.

 

 

© 2009 Multiusos en Arcade | Rúa Peirao, 8 36690 - Soutomaior Pontevedra | Webmaster: LYC Servicios Informáticos
Teléfono y Fax: 986 700 822 | omix@soutomaior.com