


Programa XUVENTUR ( Fines de semana de turismo rural e aventura)
O director xeral de Xuventude e
Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, e mais a secretaria xeral para o
Turismo, Carmen Pardo López presentaron hoxe o programa Xuventur,
organizado pola Xunta de Galicia para promover o turismo rural entre
a mocidade galega. A iniciativa terá lugar nas fins de semana dos
meses de abril, maio e xuño e nela poderán participar todas aquelas
persoas que teñan entre 18 e 35 anos.
Máis información
Ver web xuventur:
http://www.turgalicia.es
Solicitude
Programa "Roteiros para a xuventude
A Dirección Xeral de Xuventude e
Voluntariado está ultimando a organización de "Os roteiros para a
xuventude", unha actividade lúdica, medioambiental e de aventura na
que participarán máis de 1.000 mozos e mozas de toda Galicia de
entre 18 e 30 anos. En menos de quince días esgotáronse xa máis de
800 prazas, polo que aqueles que queirades participar tendes que
darvos présa en anotarvos.
Máis información
Ver web:
http://www.xuventude.net
Campaña de reciclaxe de móbiles "Mobilízate pola selva"
Campaña
do instituto Jane Goodall que combina reciclar móbiles e colaborar
con proxectos de educación ambiental e conservación de hábitats na
República do Congo.
CEIDA colabora en Galicia con esta campaña del Instituto
Jane Goodall
Na actualidade, a taxa de reciclaxe de móbiles é inferior ao 5%.
En España existen máis de 52 millóns de liñas de teléfonos móbiles.
A este número hai que engadir aqueles móbiles máis antigos que se
cambian e os cidadáns gardan ou tiran ao lixo.
A explotación do mineral coltán que fai posible a tecnoloxía dos
móbiles, ordenadores e consolas está no centro dos conflitos bélicos
que producen centos de miles de vítimas e refuxiados na República
Democrática do Congo. A explotación mineira ilegal utiliza man de
obra semiescravizada, destruíndo ademais os hábitats de moitas
especies africanas, coma os chimpancés e os gorilas, en grave perigo
debido á caza furtiva e a deforestación.
Todo aquel que queira colaborar na protección dos ecosistemas
africanos pode facelo achegando o seu móbil en desuso (en
funcionamento ou non) ou recolléndoos entre amigos e familiares
porque así contribuirá a reutilizar terminais e reducir a demanda
dos seus compoñentes, a reutilizar elementos útiles e dispor
adecuadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do
medio, e a recadar fondos para os programas de educación e
conservación no Congo, como o Centro de Recuperación de Chimpancés
de Tchimpounga.
Máis información:
http://www.movilizateporlaselva.org/es/