


Qué é
Noelia Ocampo González
Concelleira de Xuventude
A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior creouse coa finalidade de dar resposta ás necesidades e demandas da mocidade do municipio e para isto ponse a disposición da mocidade unha Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) que forma parte da estructura da Rede Galega de Información Xuvenil seguindo a normativa da Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Xunta de Galicia en materia de xuventude e establécense lazos de coordinación entre ambas Administracións para prestar un servizo máis completo e de maior calidade.
A Concellería a través deste departamento municipal organiza, xestiona e promove os programas destinados á poboación xuvenil do municipio, fundamentalmente á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e 35 anos, aínda que tamén presta os seus servizos a persoas non incluídas nesta franxa de idade e organiza actividades destinadas á poboación preadolescente, infantil e adulta.
O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, quere continuar aplicando os recursos necesarios para favorecer a participación da mocidade a través do servizo presencial pero tamén a través desta web a través da cal podedes achegarnos as vosas propostas e suxestións.
Qué ofrece
Ofrecemos a posibilidade de participar en dous programas
- Programa de Información xuvenil, que ten como finalidade ofrecer e xestionar información de interese para a mocidade sobre os temas que máis interesan e que maior demanda teñen por parte do colectivo xove poñendo á disposición da mocidade unha serie de servizos especializados de orientación e un fondo de documentación organizado por áreas de interese que se pode consultar na oficina.
Entre outros temas atoparedes información sobre: asociacionismo, voluntariado, turismo activo, premios e concursos, bolsas e axudas, actividades de lecer e tempo libre, ofertas de emprego, carnés con descontos, actividades e outros servizos municipais.
A OMIX expide o CARNÉ XOVE, destinado á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, ambas incluídas.
- Programa de Dinamización Xuvenil, que consiste na programación e execución de actividades seguindo a seguinte estructura por áreas temáticas: emprego, educación, lecer e tempo libre, asociacionismo e participación.
Onde estamos
Centro Multiusos
r/ Peirao, 8 - Arcade
36690 Concello de Soutomaior
Contacto:
Tel. / Fax. 986.700.822
omix@soutomaior.com
www.soutomaior.com
Horario
HORARIO DE INVERNO:
Luns, martes, xoves e venres de 15,30 a 20,30 h
Mércores de 9,00 a 14,00 h
HORARIO DE VERÁN:
De luns a venres de 9,00 a 14,00 h
HORARIO DE VERÁN 2011:
Desde o 4 de xullo ata o 9 de setembro de 9 a 14 h. Desde o 1 de
agosto ata o 6 de setembro vacacións.
A partir do 12 de setembro comezo horario inverno, de 15,30 a
20,30 agás o mércores que será de 9 a 14 h.
Cómo conseguir información
Existen distintas vías e soporte informativos que che permitirán o acceso á información. Destacamos as seguintes:
Consulta personalizada:
Preguntando ao persoal técnico: visitando a oficina, por teléfono, correo postal ou correo electrónico.
Autocosulta:
Consultando os soportes informativos: paneis e taboleiros de anuncios, carpetas e arquivadores, folletos, carteis, boletíns, revistas, guías, web, etc.
A información na oficina distribúese seguindo unha serie de criterios de organización documental PREGUNTA.