


TARJETA VISA ELECTRÓN XOVE | CARNÉ XOVE | CARNÉ DE ALBERGUISTA | CARNÉ ISIC | CARNÉ MESTRES TEACHER – ITIC | CARNÉ XOVE INTERNACIONAL (IYTC)

Tarjeta visa electrón xove
Tarjeta Visa Electrón Xove: Nova, gratis e
chea de vantaxas

Carné xove
Que é o carné xove?
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade coa
que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras.
Quen pode facelo? Que vixencia ten?
Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous
inclusive. A vixencia é de dous anos a partires da data de
expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive).
Como facelo?
Cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou
pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas
- Impreso de solicitude (
descargar).
-
Pagar por internet (o navegador avísanos de que non é unha
conexión segura, se queremos continuar aceptamos). Facemos clic en
INICIAR.
- Cumplimentar os datos do formulario de modo que quede como na seguinte
imaxe.
- Finalmente achegarse a unha oficina expendedora co impreso de solicitude
cuberto e asinado e o xustificante de pagamento e o DNI do/a
interesado/a (pode facerse o doutra persoa, sempre que se traia a
documentación e o DNI desa persoa).
Onde facelo?
O carné xove pódese facer en:
- Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da
Consellería de Traballo e Benestar.
Departamento Territorial de Vigo. Servizo de Xuventude e
Voluntariado.Rúa Concepción Arenal, 8-1º andar. 36201 Vigo
- Oficinas municipais de información xuvenil integradas na
rede
galega de información e documentación xuvenil
OMIX en
Pontevedra: Agolada, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis,
Cambados, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cercedo, Cotobade, Covelo,
Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O
Grove, A Guarda, Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis,
Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Poio,
Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño,
Portas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas,
Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui,
Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía, Vilanova. Tamén
nas Casas de Xuventude de Lalín e Vilagarcía.
Nalgunhas
oficinas
de Novacaixagalicia.
OMIX en soutomaior: OMIX R/PEIRAO,8 – ARCADE 36690
CONCELLO DE SOUTOMAIOR Teléfono 986700822
omix@soutomaior.com
www.soutomaior.com
Que modelos de carné xove existen?
O carné xove pódese expedir como modelo clásico ou como modelo
combinado xunto coa tarxeta bancaria
modelo clásico:
modelo combinado:
Onde utilizalo? Finalidade e vantaxes
O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o
acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou
vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos:
cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.
Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades
autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa,
polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas
condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Establecementos adheridos
Son aquelas entidades que colaboran co programa Carné Xove ofrecendo
aos seus titulares vantaxes ou beneficios.
Tipos de descontos:
1.
Xerais
ou nacionais
2.
Noutras
comunidades autónomas
3.En
Galicia (
A
Coruña I,
A
Coruña II,
Lugo,
Ourense,
Pontevedra
I,
Pontevedra
II,
ultimas
actualizacións ou
excel)
4.Temporais. Os usuarios do carné xove gozarán en todas as
actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e
Voluntariado, como mínimo, dun desconto do 10%. A porcentaxe do
desconto aplicable especificarase no folleto informativo de cada un
dos programas e actividades que se levan a cabo.
5.
Europeos
Non debedes esquecer que todos os descontos que figuran, non serán
de aplicación en período de rebaixas, liquidación, promoción ou
sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta.
As entidades colaboradoras, en caso de dúbida sobre a identidade de
quen presenta o carné xove, poden solicitar, a efectos de
comprobación, a presentación do DNI.
Carné xove non pode responder dos descontos non efectuados e das
posibles variacións sobre a porcentaxe de estes no estranxeiro.
Neste caso trasladarase a incidencia á organización de cada país e á
Asociación Europea del Carné Joven (EYCA).
A aplicación dos descontos nos servizos e/ou artigos realizarase na
dirección dos colaboradores que se indica para cada paso. Se houbera
calquer outro sitio ou procedemento (venta anticipada) será preciso
informarse en cada caso.
INCORPORACIÓNS 2012
Unha chea de establecementos incorpóranse ao Programa do
Carné Xove. Consulta nos pdfs adxuntos os descontos da túa
provinciaDesfruta de vantaxes en tendas de roupa, calzado,
complementos, salóns de peiteado, ópticas, clínicas dentais,
cafetarías…A
CORUÑA,
LUGO,
OURENSE,
PONTEVEDRA
Como identificar os establecementos adheridos?
A través dun adhesivo, que recolle unha reprodución do logo
identificarás os lugares onde vos farán algún tipo de desconto ou
vantaxe.
Se algún establecemento non realizara o desconto, deberedes poñelo
en coñecemento da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
mediante a
folla
de reclamación.
Iso si, debedes ter en conta que estes establecementos poden darse
de baixa ou modificar os seus datos notificándoo á Dirección Xeral
de Xuventude e Voluntariado con 2 meses de antelación, polo que esta
información aparecerá actualizada nesta páxina web.
Seguro
Os posuidores do carné xove tedes un seguro de balde que cubre o
maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que
así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas
viaxes.
As características principais das garantías de asistencia son as
seguintes:
- Asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe.
- Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos.
- Transporte dos acompañantes.
- Inmobilizacións nun hotel.
- Repatriación ou transporte do asegurado falecido.
- Para consultar polo miúdo as coberturas e exclusións do seguro descarga
o
pdf
adxunto.
Todas estás prestacións serán efectuadas baixo petición expresa do
asegurado a: CASER, S.A.
Av. de Burgos, 109
28050 Madrid
Teléfonos: En España: 902 100 728
No estranxeiro: +34 91 594 96 74
CASER, S.A. garante as prestacións dos servizos coa maior dilixencia
e durante as 24 horas do día.
O número de póliza do seguro é: 19.227.336


Carne alberguista
Finalidade
Dá dereito ao uso de albergues xuvenís en España (REAJ) e en países membros da Federación Internacional de Albergues Xuvenís (IYHF).
Destinatarios
Existen catro modalidades:
Xuvenil, 14-30 anos, custo 5€.
Adulto, de 30 anos en adiante, custo 12€.
Familiar, familias con fillos menores de 14 anos, custo 24€. É necesario achegar fotocopia do libro de familia.
Grupo, dende 10 persoas menores de 30 anos, custo 15€. Válido en España.
- As asociacións xuvenís censadas no Censo da Dirección Xeral de Xuventude poden obtelo gratuitamente.
Internacional para estranxeiros sen residencia en España.
Expedición
No Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, Santiago de Compostela. Nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo. Estes carnés tamén se poden obter nos Albergues da rede REAJ.
Validez
A validez é dun ano. Con estes carnés entrégase de modo gratuíto unha guía de albergues de España.

Carne ISIC
Finalidade
Serve para obter descontos nos transportes públicos das cidades dos países estranxeiros que visitades, tamén ten descontos nos Museos Públicos, comedores universitarios, etc. Na páxina web www.isic.org pódense atopar os descontos por países e cidades.
Destinatarios
Estudiantes maiores de 12 anos.
Expedición
Emítese no Centro Coordinador de Información. e Documentación Xuvenil de Galicia, Santiago de Compostela, nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo.
Requisitos
Presentar o DNI ou pasaporte. Fotografía tamaño carné. Os maiores de 16 anos deben acreditar a matrícula ou carné de estudante universitario. Vixencia: Curso académico.

Carné mestres (Teacher-ISIC)
Finalidade
Ten prestacións similares ao ISIC e descontos en viaxes, aloxamentos, museos...
Destinatarios
Está destinado exclusivamente para profesores.
Expedición
No Centro Coordinador de Información. e Documentación Xuvenil de Galicia, Santiago de Compostela, nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo.
Requisitos
Acreditar a condición de profesor (certificado do centro onde imparten as clases ou unha nómina). Presentar o DNI ou pasaporte. Fotografía tamaño carné. Custo, 8€. Vixencia, o ano académico.
Carné xove internacional (IYTC)
Finalidade
Ten prestacións similares aos carnés (ISIC) e (ITIC), ten descontos en viaxes, aloxamentos, museos,etc...
Destinatarios
Para xoves menores de 26 anos e que non acrediten ser estudiantes.
Expedición
No Centro Coordinador de Información. e Documentación Xuvenil de Galicia de Santiago de Compostela, nas Delegacións Provinciais de Igualdade e do Benestar ou nos Servizos de Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo.
Requisitos
Presentar DNI ou pasaporte. Unha fotografía tamaño carné. Custo, 6€. Vixencia, ano académico.