TARJETA VISA ELECTRÓN JOVEN |
CARNÉ JOVEN | CARNÉ DE ALBERGUISTA | CARNÉ ISIC | CARNÉ MAESTROS TEACHER – ITIC | CARNÉ JOVEN INTERNACIONAL (IYTC)

Tarjeta visa electrón joven
Tarjeta Visa Electrón Joven: Nueva, gratis y
llena de ventajas

Carné joven
Carné xove
Que é o carné
xove?
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da
mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos
e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das
comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos
ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada
comunidade ou país.
Quen pode facelo? Que vixencia ten?
Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous
inclusive.
A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre
sen superar os 30 anos, inclusive)
Como facelo?
Cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade
co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas
·
Impreso de solicitude (
descargar).
Pagar
por internet (o navegador avísanos de que non é unha conexión
segura, se queremos continuar aceptamos). Facemos clic en INICIAR.
Cumplimentar os datos do formulario de modo que quede como na
seguinte
imaxe.
Finalmente achegarse a unha oficina expendedora co impreso de
solicitude cuberto e asinado e o xustificante de pagamento e o DNI
do/a interesado/a (pode facerse o doutra persoa, sempre que se traia
a documentación e o DNI desa persoa).
Onde facelo? O carné xove pódese facer en:
Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da
Consellería de Traballo e Benestar.
o Departamento Territorial de A Coruña. Servizo de Xuventude e
Voluntariado.Centro Comercial Elviña. Avda. Salvador de Madariaga,
s/n. 15008 A Coruña
o Departamento Territorial de Lugo. Servizo de Xuventude e
Voluntariado.Rolda da Muralla, 70. 27001 Lugo
o Departamento Territorial de Ourense. Servizo de Xuventude e
Voluntariado de Ourense. Avda. da Habana, 81 baixo. 32004 OURENSE
o Departamento Territorial de Vigo. Servizo de Xuventude e
Voluntariado.Rúa Concepción Arenal, 8-1º andar. 36201 Vigo
Oficinas Locais de Pontevedra e Ferrol
o Oficina Local de Pontevedra.Rúa Fernández Ladedra, 43-4º andar.
36003 Pontevedra
o Oficina Local de Ferrol. Edif. Administrativo.Praza Camilo José
Cela, s/n, 1º. 15403 Ferrol
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de
Santiago de Compostela. Praza do Matadoiro, s/n. 15781 Santiago de
Compostela
Oficinas municipais de información xuvenil integradas na
rede
galega de información e documentación xuvenil
o
OMIX
na Coruña: A Baña, A Coruña, A Pobra, Abegondo, Ames, Aranga,
Ares, Arteixo, Arzúa, As Pontes, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Brión,
Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Cariño, Carnota,
Carral, Cerceda, Cesuras, Coirós, Corcubión, Culleredo, Dumbría,
Fene , Ferrol, Frades, Irixoa, Laracha, Laxe, Lousame, Malpica,
Mañón, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Mugardos, Muros, Narón, Neda,
Negreira, Noia, O Pino, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes,
Oza dos Ríos, Paderne, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son,
Rianxo, Riveira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago, Sobrado dos
Monxes, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra,
Vilarmaior, Vilasantar e Vimianzo. Tamén nas Casas de Xuventude de
Betanzos, Carballo, Curtis, Noia e Pontedeume. Nas OSIX da Coruña e
Ferrol. E no Consello da Xuventude de Santiago, na Asociación
Néboa-Neda e na OFAP de Ferrol.
o
OMIX
en Lugo: Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros,
Bóveda, Burela, Carballedo, Cervo, O Corgo, Cospeito, Chantada,
Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Lugo,
Meira, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Muras, Ourol, Outeiro de Rei,
Palas de Rei, Pantón, Paradela, A Pastoriza, Pobra de Brollón,
Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Ribas do Sil, Sarria, O Saviñao, Sober,
Taboada, Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Xove. Tamén nas Casas da
Xuventude de Chantada, Vilalba e Viveiro.
o
OMIX
en Ourense: A Bola, A Gudiña, A Merca, A Mezquita, A Peroxa, A
Veiga, Allariz, Amoeiro, Arnoia, Avión, Bande, Baños de Molgas,
Barbadás, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo
do Val, Castro Caldelas, Celanova, Cenlle, Chandrexa de Queixa,
Coles, Entrimo, Esgos, Leiro, Maceda, Manzaneda, Montederramo,
Monterrei, Muiños, Nogueira de Ramuín, O Barco de Valdeorras, O
Carballiño, Oimbra, Ourense, Pereiro de Aguiar, Piñor, Pobra de
Trives, Porqueira, Rairiz de Veiga, Ribadavia, Riós, Rubiá, San
Cristovo de Cea, San Xóan de Río, Sandiás, Sarreaus, Verín, Viana do
Bolo, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia,
Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadañedo. Tamén na Asociación
Española contra o Cancro, na Asociación Xuvenil Don Bosco-"Amencer"
e no CIMO de Ourense; no C.D. Rural O Viso de Xinzo de Limia.
o
OMIX
en Pontevedra: Agolada, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis,
Cambados, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cercedo, Cotobade, Covelo,
Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O
Grove, A Guarda, Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis,
Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Poio,
Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño,
Portas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas,
Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui,
Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía, Vilanova. Tamén
nas Casas de Xuventude de Lalín e Vilagarcía.
Nalgunhas
oficinas
de Novacaixagalicia.
En SOUTOMAIOR PODES FACELO EN: OMIX R/PEIRAO,8 – ARCADE 36690
CONCELLO DE SOUTOMAIOR Teléfono 986700822
omix@soutomaior.com
www.soutomaior.com
Que modelos de carné xove existen?
O carné xove pódese expedir como modelo clásico ou como modelo
combinado xunto coa tarxeta bancaria
modelo clásico:
modelo combinado
Onde utilizalo? Finalidade e vantaxes
O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o
acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou
vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos:
cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.
Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades
autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa,
polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas
condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos
finaceiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende fomentar o
desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida
cotiá dos mozos e mozas galegos.
Seguro
Os posuidores do carné xove tedes un seguro de balde que cubre o
maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que
así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas
viaxes.
As características principais das garantías de asistencia son as
seguintes:
· Asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe.
• Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos.
• Transporte dos acompañantes.
• Inmobilizacións nun hotel.
• Repatriación ou transporte do asegurado falecido.
• Pago ou reembolso dos gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e
de hospitalización no estranxeiro.
• Regreso anticipado por falecemento ou hospitalización dun familiar
en España do asegurado incluíndo a transmisión de mensaxes urxentes.
• Servizos de información para viaxes ao estranxeiro. • Anticipo de
gastos de hospitalización no estranxeiro.
• Localización de intérprete en caso de accidente ou enfermidade no
estranxeiro.
• Servizo de información sobre asistencia médica.
• Servizo de trámites administrativos para hospitalización.
• Billete de ida e volta para un familiar.
• Gastos de aloxamento para un familiar.
· Asistencia por danos á equipaxe.
• Envío e/o reenvío de obxectos esquecidos e/o roubados no
transcurso da viaxe.
• Roubos e danos á equipaxe.
• Retraso na entrega de equipaxe.
• Gastos de reposición da documentación de viaxe. • Roubo na caixa
forte do hotel.
• Roubo das chaves da vivenda habitual do asegurado.
· Asistencia por retraso dos medios de transporte.
• Retraso na saída da viaxe.
• Cancelación da viaxe por folga.
• Perda da conexión por retrasos.
• Perda do medio de transporte por accidente "in itinere".
• Retraso por "over booking".
· Asistencia por responsabilidade civil
• Responsabilidade civil no estranxeiro. • Anticipo de gastos de
defensa legal no estranxeiro.
• Anticipo de fianza xudicial no estranxeiro.
• Servizo de información legal. • Procura de representante legal no
estranxeiro.
• Obtención de salvocondutos.
Para consultar polo miúdo as coberturas e exclusións do seguro
descarga o
pdf
adxunto.
Todas estás prestacións serán efectuadas baixo petición expresa do
asegurado a: CASER, S.A.
Av. de Burgos,
109 28050 Madrid
Teléfonos: En España: 902 100 728
No estranxeiro: +34 91 594 96 74
CASER, S.A. garante as prestacións dos servizos coa maior dilixencia
e durante as 24 horas do día.
O número de póliza do seguro é: 19.227.336
Establecementos adheridos
Son aquelas entidades que colaboran co programa Carné Xove ofrecendo
aos seus titulares vantaxes ou beneficios.
Tipos de descontos:
1.
Xerais
ou nacionais
2.
Noutras
comunidades autónomas
3. En
Galicia
(
A
Coruña I,
A
Coruña II,
Lugo,
Ourense,
Pontevedra
I,
Pontevedra
II,
ultimas
actualizacións ou
excel)
4.Temporais. Os usuarios do carné xove gozarán en todas as
actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e
Voluntariado, como mínimo, dun desconto do 10%. A porcentaxe do
desconto aplicable especificarase no folleto informativo de cada un
dos programas e actividades que se levan a cabo.
5.
Europeos
Non debedes esquecer que todos os descontos que figuran, non serán
de aplicación en período de rebaixas, liquidación, promoción ou
sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta.
As entidades colaboradoras, en caso de dúbida sobre a identidade de
quen presenta o carné xove, poden solicitar, a efectos de
comprobación, a presentación do DNI.
Carné xove non pode responder dos descontos non efectuados e das
posibles variacións sobre a porcentaxe de estes no estranxeiro.
Neste caso trasladarase a incidencia á organización de cada país e á
Asociación Europea del Carné Joven (EYCA).
A aplicación dos descontos nos servizos e/ou artigos realizarase na
dirección dos colaboradores que se indica para cada paso. Se houbera
calquer outro sitio ou procedemento (venta anticipada) será preciso
informarse en cada caso.
Como identificar os establecementos adheridos?
A través dun adhesivo, que recolle unha reprodución do logo
identificarás os lugares onde vos farán algún tipo de desconto ou
vantaxe.
Se algún establecemento non realizara o desconto, deberedes poñelo
en coñecemento da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
mediante a
folla
de reclamación.
Iso si, debedes ter en conta que estes establecementos poden darse
de baixa ou modificar os seus datos notificándoo á Dirección Xeral
de Xuventude e Voluntariado con 2 meses de antelación, polo que esta
información aparecerá actualizada nesta páxina web.


Carne alberguista
Finalidad
Da derecho al uso de albergues juveniles en España (REAJ) y en países miembros de la Federación Internacional de Albergues Juveniles (IYHF).
Destinatarios
Existen cuatro modalidades:
Juvenil, 14-30 años, coste 5€.
Adulto, de 30 años en adelante, coste 12€.
Familiar, familias con hijos menores de 14 años, coste 24€. É necesario acercar fotocopia del libro de familia.
Grupo, desde 10 personas menores de 30 años, coste 15€. Válido en España.
- Las asociaciones juveniles censadas en el Censo de la Dirección General de Juventud pueden obtenerlo gratuitamente.
Internacional para extranjeros sin residencia en España.
Expedición
En el Centro Coordinador de Información y Documentación Juvenil de Galicia, Santiago de Compostela. En las Delegaciones Provinciales de Igualdad y del Bienestar o en los Servicios de Juventud de la Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol y Vigo. Estos carnés también se pueden obtener nos Albergues de la red REAJ.
Validez
La validez es de un año. Con estos carnés se entrega de modo gratuito una guía de albergues de España.

Carne ISIC
Finalidad
Sirve para obtener descuentos nos transportes públicos de las ciudades de los países extranjeros que visitáis, también tiene descuentos en los Museos Públicos, comedores universitarios, etc. En la página web www.isic.org se pueden encontrar los descuentos por países y ciudades.
Destinatarios
Estudiantes mayores de 12 años.
Expedición
Se emite en el Centro Coordinador de Información. y Documentación Juvenil de Galicia, Santiago de Compostela, en las Delegaciones Provinciales de Igualdad y del Bienestar o en los Servicios de Juventud de la Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol y Vigo.
Requisitos
Presentar el DNI o pasaporte. Fotografía tamaño carné. Los mayores de 16 años deben acreditar la matrícula o carné de estudiante universitario. Vigencia: Curso académico.

Carné maestros (Teacher-ISIC)
Finalidad
Tiene prestaciones similares al ISIC y descuentos en viajes, alojamientos, museos...
Destinatarios
Está destinado exclusivamente para profesores.
Expedición
En el Centro Coordinador de Información. y Documentación Juvenil de Galicia, Santiago de Compostela, en las Delegaciones Provinciales de Igualdad y del Bienestar o en los Servicios de Juventud de la Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol y Vigo..
Requisitos
Acreditar la condición de profesor (certificado del centro donde imparten las clases o una nómina). Presentar el DNI o pasaporte. Fotografía tamaño carné. Coste, 8€. Vigencia, el año académico.
Carné joven internacional (IYTC)
Finalidad
Tiene prestaciones similares a los carnés (ISIC) y (ITIC), tiene descuentos en viajes, alojamientos, museos,etc...
Destinatarios
Para jueves menores de 26 años y que no acrediten ser estudiantes.
Expedición
En el Centro Coordinador de Información. y Documentación Juvenil de Galicia de Santiago de Compostela, en las Delegaciones Provinciales de Igualdad y del Bienestar o en los Servicios de Juventud de la Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol y Vigo..
Requisitos
Presentar DNI o pasaporte. Una fotografía tamaño carné. Coste, 6€. Vigencia, año académico.