|
Ascensión e área de influencia de Pedro Madruga.
Durante o reinado de Enrique
IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e
a debilidade da coroa, consolida e incrementa os
seus dominios. Éstes consistían, inicialmente, no
castelo de Soutomaior, que Vasco da Ponte (cronista
galego de comenzos do s. XVI), evalúa como casa de
setenta ou oitenta lanzas. Exercía o control directo
sobre outra serie de casa fortes e torres que
salpicaban o suroeste de Galicia dende o río Ulla
ata o Miño; entre elas: Trinidad, Alba, Cotobade e
Fornelos. Contaba, igualmente, coa posesión en feudo
dun total de vinte feligresías en Terra de Salnés,
que o arzobispo de Santiago, don Rodrigo Luna,
concedera a Alvar Páez de Soutomaior.
Hacia 1467 obtuvo don Pedro, de Enrique IV, un xuro
de 150.000 maravedís sobre as rentas reais de
Pontevedra, Vigo e Redondela; concesión que lle
serviu de pretexto para señorear estas tres cidades
durante os anos 70 do s. XV, e que lle acarreou, ó
mesmo tempo, o enfrentamento permanente co arzobispo
de Santiago, don Alonso de Fonseca, a cal
xurisdicción pertencían ditas cidades.
Pedro Madruga continuou, como os seus predecesores
Soutomaior, exercendo a encomenda sobre a igrexa de
Tui, de forma que máis parecían os Soutomaior os
señores da Igrexa, que os seus propios obispos, cos
que o conflicto foi tamén permanente.
Finalmente, don Pedro Madruga chegou a titularse
Vizconde Tui e Mariscal de Baiona.
Durante a Guerra Irmandiña (1467-1469) don Pedro
refuxiouse en Portugal, onde gañou a amistade do
monarca veciño, e contruxo matrimonio ventaxoso con
doña Teresa de Táboa, da que tuvo sete fillos:
Álvaro, Fernando, Cristóbal, Diego, Alfonso, Mayor e
Constanza; así comezaba o que ía ser unha constante
na súa traxectoria, a vinculación política e
familiar con Portugal. A reacción feudal contra os
Irmandiños proporcionoulle a oportunidade de
introducirse no escenario nobiliar galego e gañar
nel un posto eminente; cruza a fronteira portuguesa
e recupera os seus dominios sin dificultade,
derrotando ás hostes irmandiñas cerca de Pontevedra;
ponse en contacto co arzobispo Fonseca e con don
Juan Pimentel, irmán do conde de Benavente, ós que
axuda a recuperar as súas anteriores posesións; por
último, organiza á nobleza galega desbaratada e
conducea ata o desmantelamento das posicións
irmandiñas.
Era a alianza conxuntural da nobreza contra o
enemigo común, que pronto se vería rota polas
exixencias particulares de cada un. Pola súa parte,
o de Soutomaior contaba cos servizos e axuda dunha
serie de cabaleiros de acostamento ós que sostiña
nas súas terras e dominios (os Montenegro ou os
Valladares, entre outros), así como dos seus
familiares os Soutomaior de Lantaño, ou seu fiel
amigo don Lope Sánchez de Moscoso, conde Altamira.
O momento cumbre da ascensión de Pedro Madruga
prodúcese en 1475, cando obtén do rei portugués
Alfonso V o título e os dereitos de conde de Camiña;
por entonces constituira un dominio case exclusivo
sobre a zona suroeste de Galicia, onde o pobo o
invocaba como <<o noso rei>>; titulación acorde,
polo demáis, coas súas pretensións
hexemónicas, expresadas rotundamente nas súas
propias palabras: <<en Galicia basta mi casa>>.
Pedro Madruga na Guerra
de Sucesión (1474 - 1479).
En 1474, morto Enrique IV,
estala o conflicto sucesorio entre a súa irmá Isabel
e a súa filla Juana; mentras a nobreza galega adopta
unha actitude espectante, seus dous líderes máis
cualificados posicionanse rápidamente. Pedro Madruga
ó lado de Juana e do bando portugués; e iso, por
afinidade xeográfica e cultural, por vinculación
familiar, e con miras á salvagarda dos seus
interéses persoais, a cabalo entre o sur de Galicia
e o norte Portugal. Fonseca ó lado de Isabel e da
futura monarquía dos Reis Católicos, buscando a
rehabilitación e o ascenso político.
A intervención de don Pedro no conflicto sucesorio
proporcionanos os acontecementos máis apasionantes
da súa biografía.
Influe decisivamente no falido matrimonio entre
Juana e o monarca portugués Alfonso V, programa e
facilita a invasión portuguesa de Castilla; e él
mesmo abre un frente galego na guerra, proclamando a
Alfonso e Juana reis de Portugal, Castilla León e
Galicia en Vigo, Caldas de Reis, Pontevedra, Padrón,
Baiona e Tui. A esta presencia portuguesa en Galicia
opuxose enerxicamente o obispo de Tui, don Diego de
Muros, que tivo que sufrir, por elo, un prolongado
cautiverio en terras portuguesas.
En outono de 1476 o arzobispado Fonseca, o conde de
Monterrey, xunto cos nobres galegos que, de mellor a
peor gana, incorporaranse ó bando isabelino,
mandados por fray Arias del Rio, correxidor maior de
Galicia, dirixense a Pontevedra, dispostos a reducir
ó de Camiña; os secunda por mar unha escadra mandada
por Ladrón de Guevara. Madruga resiste dous
prolongados cercos á cidade, que terminan en fracaso
polos asaltantes, quenes se deciden por unha tregua
na primaveira de 1477.
Acontecemento singular, dentro das escaramuzas que
provocou o conflicto sucesorio en Galicia, foi a
prisión que sufriu Pedro Madruga a mans de don
Rodrigo Alonso Pimentel, entre 1477 e 1478. Esta
circunstancia foi aproveitada polo prelado
compostelán e os demáis adversarios de Camiña paa
dirixirse a Pontevedra e rendila; dende alí
poderaronse de Redondela, Pontesampaio e Vigo;
ocuparon varias fortlizas do de Soutomaior e
realizan novas fortificacións na zona.
Os partidarios de Soutomaior sólo conseguen sosterse
no seu propio castelo, en Salvaterra e Fornelos.
Era a hora da revancha de Fonseca.
Tras conseguir a súa liberdade, Pedro Madruga
regresa a Galicia na primaveira de 1478; en menos
dun ano consegue recuperar os dominios perdidos,
apoderase de García Sarmiento, señor de Sobroso e do
seu tio Fernán de Camba, dando morte a Gregorio de
Valladares e a Tristán de Montenegro (antigos
vasalos seus, agora no bando isabelino); os
fonsecanos sólo conseguen manterse con dificultades
en Pontevedra e Baiona. Según nos narra o cronista
do s. XVII Felipe de la Gándara, un elemento clave
nos éxitos militares de Madruga foi a utilización,
por sus huestes, de arcabuces e outras armas de
fogo, <<cousa que ata entón non se oira nin vira en
España>>.
En 1479 firmábanse as paces entre Castilla e
Portugal, ó tempo que os Reis Católicos
consolidábanse como monarcas de Castilla e Aragón. A
pesar de que nos tratados se contemplaba un perdón
xeral para os nobres que estiveran ó lado do monarca
portugués,
e de forma especial para Pedro Madruga, a situación
política e militar da Península, que el soubera
utilizar tan hábilmente en beneficio propio,
tornábase agora adversa.
O ocaso de Pedro Madruga
(1480 - 1486).
O arzobispo de Fonseca,
paladín da coroa en Galicia, rompía toda
relación con Pedro Madruga, reclamándolle a
devolución das feligresías que tiña en feudo. Os
Reis esixían a entrega de Vigo e Redondela á Igrexa
de Santiago. Don Diego de Muros, obispo de Tui,
queixábase ante a Curia Romana dos abusos que Pedro
cometía contra a súa Igrexa.
Por outra parte, en 1480,
estaban xa en Galicia, Antón de Paz, cos seus
cuadrilleiros da Irmandade, e o Gobernador Acuña,
dispostos a acabar co de Camiña. O cerco cerrábase
sobre o señor de Soutomaior. Dándose éste conta do
comprometido da súa situación, intenta actuación de
desagravio hacia os seus adversarios e hacia a
Coroa, e así, en 1482, restitúe a don Diego de Muros
todos os bens que tiña usurpados á Igrexa de Tui.
Pero os Reis Católicos xa
prepararan o final de Pedro Madruga. Protexeran na
Corte a seu fillo maior, Álvaro de Sotomayor, e
agora lle esixen que se faga cargo do señorío,
desposeendo o seu pai. Don Álvaro, fiel ós desexos
da Coroa, preséntase, en 1483, nas terras do seu pai
e valéndose do engano, apodérase do castelo de
Soutomaior; Pedro Madruga, que se atopaba en
Portugal, ó coñecer esta traición, deshereda a seu
fillo maior e arroialle a sua maldición. Pero, nun
momento no que os feitos mandaban, todo isto era
palabras que soaban a canto de cisne. Don Álvaro de
Soutomaior heredaría o señorío co apoio e a
confianza da Coroa, e ia a convertirse nun novo tipo
de nobre, sumiso á voluntade dos monarcas.
A morte de Pedro Madruga, en
1486, queda envolta na duda e o misterio.
Viaxa a Alba de Tormes
buscando a reconciliación e a gracia reais; sen
conseguir os seus propósitos atopa alí a morte.
Vasco da Ponte narranos expresivamente:
<<…unos dixeron que el conde
muriera allí de dos carbúnculos, otros dixeron que
el alcalde de Proiaño entrara en el monasterio con
sus porquerones y que le hechara un garrote en el
pescuezo; unos dicen que fue de una manera y otros
dicen que fue de otra, quizá fue de entrambas
maneras>>.
Desaparecía así o persoaxe tal vez máis singular da
axitada Galicia de fins do s.XV, e ó que a crónica
coetánea, nuns casos, e a historiografía romántica e
nacionalista galega, noutros, convertiron no máis
controvertido do seu tempo.
Bibl.:
En dúas crónicas do s. XVI e XVII, respectivamente,
aparecen abundantes noticias sobre o noso persoaxe:
Vasco de Aponte, Relación de algunas casas y
linajes del Reino de Galicia, Madrid,
1662. As aportacións bibliográficas máis importantes
son: José García Oro, La nobleza gallega en la
Baja Edad Media, Santiago, 1981; Gaspar Massó,
Pedro Madruga de Sotomayor, caudillo feudal,
Santiago 1975.
subir
|