1.- Altas:
- Inmigración: persoas xa empadroadas
noutro Municipio ou Consulado de España
no estranxeiro.
- Omisión: persoas non empadroadas
anteriormente en ningún Municipio ou
Consulado de España no estranxeiro.
- Altas por nacemento.
- De oficio: mediante notificación do
Instituto Nacional de Estatística sempre
que algún dos pais estea empadroado no
Municipio.
- A instancia do interesado: o pai ou a
nai empadroados no Municipio realizarán
a inscrición do recen nado aportando
unha fotocopia da folla do libro de
familia onde apareza o/a neno/a e da folla
onde apareza o nome dos pais.
2.- Cambios de Domicilio:
-
Todas as persoas que cambien o seu
domicilio dentro do Municipio deberán
comunicalo ó Negociado de Estatística do Concello de Soutomaior.
3.- Modificación de Datos:
-
Cando na base de datos do Padrón de
Habitantes figure un dato incorrecto (nome
e apelidos, data de nacemento, lugar de
nacemento, nº documento de identidade,
nivel de estudos, nacionalidade) deberá
realizar unha petición de modificación
no Negociado de Estatística do
Concello de Soutomaior.
4.-
Baixas Emigración:
CANDO UNHA PERSOA TRASLADA O SEU
DOMICILIO A OUTRO MUNICIPIO EN ESPAÑA OU
Ó EXTRANXEIRO (REALIZANDO A INSCRICIÓN
NO CONSULADO ESPAÑOL QUE LLE
CORRESPONDA) NON DEBE SOLICITAR A BAIXA
NO SEU CONCELLO DE ORIXE. O TRÁMITE DAS BAIXAS POR EMIGRACIÓN REALÍZASE ENTRE
CONCELLOS OU ENTRE CONCELLOS E O
INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA. SI
UNHA PERSOA NON É ESPAÑOLA E TRASLADA A
SÚA RESIDENCIA DE FORMA DEFINITIVA A
OUTRO PAÍS, ESA PERSOA DEBE FACER UNHA
DECLARACIÓN E ENTREGALA NO NEGOCIADO DE
ESTATÍSTICA PARA QUE CAUSE BAIXA NO
PADRÓN DE HABITANTES.