|
Servizo de
Turismo Xuvenil - Viaxeteca |
Ofrecemos
información específica sobre turismo
xuvenil recollendo documentación
sobre a nosa Comunidade, outras
comunidades e países europeos.
Poñemos a vosa disposición folletos
e guías turísticas con información
moi variada que vos pode servir para
unha mellor planificación das vosas
viaxes e unha maior organización do
tempo gastando o menor número de
recursos.
Na nosa viaxeteca podedes atopar
información sobre:
• Rutas de
sendeirismo, escalada e bicicleta de
montaña por todas as zonas de
España.
• Instalacións
onde podes aloxarte de forma
económica como albergues, camping, casas rurais, hoteis, granxas escola,
aulas de natureza, campamentos.....
• Directorio
de balnearios.
• Prezos de
tren (inter-rail, explore-rail),
avión e autobús e, os descontos que
podes conseguir cos carnés (carné
xoven, carné máis, carné
internacional de estudante e carné
de alberguista, entre outros)
• Libros,
guías e documentación de Galicia,
España e outros países.
Enlaces amigos:
Envíanos a túa consulta
|
|