| |
¿QUE É? |
| |
O
servizo de Xuventude é o
departamento municipal encargado de
organizar, xestionar e promover os
programas destinados á poboación xuvenil
do municipio, fundamentalmente á mocidade en
idades comprendidas entre os 12 e 35
anos, aínda que tamén presta os seus
servizos a persoas non incluídas
nesta franxa de idade e organiza
actividades destinadas á poboación
preadolescente, infantil e adulta. A
Oficina Municipal de Información
Xuvenil está relacionada
directamente coa estructura da Rede
Galega de Información Xuvenil
seguindo a normativa da Dirección
Xeral de Xuventude, dependente da
Vicepresidencia da Xunta de Galicia,
establecéndose lazos de coordinación
entre ambas administracións.As
dependencias do Departamento de
Xuventude ou OMIX están situadas no
Centro Multiusos de Arcade, e
a súa organización e xestión
dependen da Concellería de Xuventude
do Concello de Soutomaior, cuxa
estructura xira en torno ós
seguintes programas:
• Programa de
Información xuvenil, que ten como
finalidade ofrecer e xestionar información de interese para a mocidade sobre os temas que máis
interesan e que maior demanda teñen
por parte do colectivo xoven.
• Programa de Dinamización Xuvenil,
que se estructura por áreas
temáticas: emprego, educación, lecer
e tempo libre, asociacionismo e
participación.
|
Horario |
|
| |
Técnica de Xuventude:
De luns a venres de 15,30 a 20,30 h agás os mércores
que o horario será de mañá de 9,00 a
14,00 h
Autoconsulta e servizo de
internet gratuíto:
De luns a venres de 9,00 a 14,00 h e de 16,00 a 20,00 h
|
Envíanos a túa consulta
|