Campamentos Itinerantes de Kaiak de mar

 

CONCELLERÍA DE XUVENTUDE

   
Pechar ventana



kaiakO Concello de Soutomaior colabora coa CAMPAÑA DE VERÁN 2004, da Xunta de Galicia.

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior colaborou na organización da actividade CAMPAMENTOS ITINERANTES DE KAIAK DE MAR que se realizou dentro da campaña de verán deste ano.

Este ano, propuxéronse por primeira vez dous campamentos itinerantes de kaiak de mar durante 7 días, polas Rías Baixas durante os meses de xullo e agosto , para mozos e mozas de entre 18 e 30 años. Esta actividade foi pioneira en Galicia e no resto do Estado, converténdose deste xeito nunha iniciativa moi importante para os deportes de mar en Galicia a nivel deportivo e cultural, xa que, combina aspectos deportivos, culturais e lúdico – recreativos.

O primeiro campamento desenvolveuse dende Vilanova de Arousa ata Aldán (ría de Pontevedra) pasando por O Grove, Illa de Ons, Portonovo, Illa de Tambo e Bueu; en cada porto os/as participantes durmiron en tendas de campaña ou albergues. O segundo realizouse dende Baiona ata Nigrán, dándolle a volta completa á ría de Vigo e pasando por Vigo, Soutomaior, Moaña, Cangas do Morrazo e Illas Cíes.

Na organización da segunda ruta, ó seu paso polo Concello de Soutomaior, este grupo de Kaiakistas pasaron a tarde/noite do 3 de agosto no noso Concello, compartindo albergue coas persoas que recorren o Camiño de Santiago.

Os obxectivos desta actividade eran dous: o de descubrir o kaiak de mar dun xeito guiado e o de coñecer mellor a cultura mariñeira e marítima das nosas Rías Baixas galegas dado que nesta actividade participou xente de toda Galicia , con tal fin, a Concellería de Xuventude colaborou coa Xunta de Galicia organizando as actividades terrestres, para que durante a xornada o grupo de persoas coñecese os lugares máis simbólicos do noso Concello destacando entre estes o Castelo e o seu xardín botánico , así como, aqueles outros aspectos que forman parte da nosa gastronomía e cultura mariñeira. Para este fin organizamos unha visita guiada polo Castelo e polo xardín botánico, actividade que rematou cunha recepción dos/as participantes, por parte do Alcalde e do Concelleiro de Xuventude convidando ós Kaiakistas a unha degustación da xa tan popular OSTRA DE ARCADE.


FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE

Actividades en Kaiak Actividades en Kaiak
Actividades en Kaiak Actividades en Kaiak

 

                                                                                                                                                                   subir


Parroquias - Localización - Mapas - O Castelo - Axenda - Galería Fotográfica - Mapa Web - Aviso Legal

© 2006 Concello de Soutomaior
Rúa Alexandre Bóveda, 8 36691 - Soutomaior Pontevedra
Webmaster: LYC Servicios Informáticos