|
A Concellería de Xuventude e a
Concellería de Asuntos Sociais están
organizando en colaboración coa
Asociación de Empresarios/as de
Arcade un curso sobre habilidades
directivas dirixido a persoas
desempregadas.
Esta
acción formativa inclúese dentro do
PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO, na súa
Acción 2: FORMACIÓN.
O curso
vai dirixido a persoas que teñan en
mente unha idea empresarial e
queiran montar o seu propio negocio
ou simplemente desexen formarse para
ocupar postos de dirección ou mandos
intermedios dentro dunha empresa.
Tamén vai dirixido a persoas que
pola súa formación ou experiencia
profesional en dirección e
coordinación de grupos queiran
ampliar ou mellorar a súa formación
no ámbito de xestión de recursos
humanos, producción e
administración.
O curso
dará comezo no mes de maio – xuño.
Totalmente gratuito. Terá unha
duración de corenta horas.
Son
entidades colaboradoras nesta
actividade as seguintes entidades:
•Confederación de Empresarios/as de
Pontevedra
•Proxecto Compás
As
persoas interesadas poderán solicita
máis información na OMIX - Teléfono
986 700822
omix@soutomaior.com
|