
A Escola Municipal de Teatro, do
Concello de Soutomaior comezou a súa
andaina no ano 2002. A escola
prepara anualmente varias obras de
teatro que representa no Entroido,
Nadal e ao final do curso en xuño.
Trabállanse os seguintes
contidos teórico - prácticos:
A Interpretación
Expresión oral
Expresión corporal
Voz
Música e Coreografía
Prácticas de aula:
Voz, respiración, fonación,
articulación, entoación musical,
técnicas corporais, relaxación,
lectura expresiva, improvisación,
dicción e vocalización, lectura de
textos dramáticos, baile e posta en
escena.
Durante as clases trabállanse
moitos outros contidos que teñen que
ver co currículo oculto da ensinanza
falamos de temas como a educación en
valores, igualdade de xénero,
habilidades sociais (falar en
público, a autoestima) o que
proporciona a estas clases un valor
engadido moi valorado polas familias
que consideran esta actividade como
moi atractiva e interesante para a
formación dos/as seus/súas fillos/as.
REPRESENTACIÓNS
."Misterio na Escola" (2007)
Descargar Fotos
."Os trasnos de Pitocairo" (2007)
Descargar Fotos
.“Telexornal ningunha edición”
(2006)
.“Todo é un conto” (2006)
.“Paroladas ao teléfono” Ç
.“Estación de autobuses”
.“Agarico e o cogumelo” (2003)
.“Leonardo e as Bruxas” (2004)
.“Inés no país dos contos” (2004)
.“Eu tamén quero ser bufón” (2005)
.“¡ Mamasiña que medo!” (2005)
subir
|