|

CONTIDO: A tarefa de educar é unha tarefa ardua e complicada, polo que,
promovemos
este proxecto de apoio familiar denominado “Escola de pais e nais: por e para
unha mellor
convivencia”, para a configuración dun novo espazo de formación, orientación
e reflexión sobre
a dinámica familiar como instrumento para o traballo conxunto no que as
familias, a
administración local e a escola configuren unha forma de traballo grupal e
sistémica, inspirada
en valores de colaboración e complementariedade e, que de maneira organizada
proporcione a formación dos/as pais e nais para educar aos seus/súas fillos/as
mellorando así as relacións familiares e da comunidade.
OBXECTIVOS:
• Sensibilizar ós pais e as nais acerca das necesidades psicosociais dos
integrantes da familia
nos diversos momentos do desenvolvemento e a incidencia dos comportamentos
familiares na promoción de coñecementos nos seus fillos e fillas.
• Construír un espazo de reflexión para pais e nais sobre situacións cotiás e
sobre
criterios básicos de funcionamento do grupo familiar.
• Analizar os tipos de familia que podemos atopar e as diferentes etapas que
recorre a familia
no seu ciclo vital.
• Favorecer la comunicación no grupo familiar e co entorno comunitario
facilitando a creación
de redes sociais.
• Dotar aos pais e ás nais de ferramentas que posibiliten un crecemento integral
dos seus fillos
e fillas e do grupo familiar.
• Formar e informar ás familias sobre temas de actualidade.
• Axudar a detectar o antes posible as problemáticas que poidan xurdir na
familia. No desenvolvemento deste proxecto colaboran as familias, o Colexio Manuel
Padín Troiteiro
e as ANPAS do Colexio Manuel Padín Troiteiro e Santiago Apóstolo.
DESTINATARIOS/AS: pais e nais do municipio de Soutomaior
CRONOGRAMA: a primeira convocatoria de reunión do cursos
2006 - 2007 será o xoves 26 de outubro no salón de actos do CEI Padín Truiteiro
ás 19,00 h.
As clases darán comezo no mes de novembro
de 2006 e rematarán en xuño de 2007.
INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN: OMIX, r/Illas Alvedosas, 3 –
36690
Concello de Soutomaior – Tfno.: 986 700 822 ,
omix@soutomaior.com

Descargar formulario de inscrición para imprimir

Descargar formulario coas normas de organización interna da Escola
PROMOVEN: ANPA Negueirós do Colexio Manuel Padín
Troiteiro e Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior.
Envíanos a túa consulta |