|

BASES
1º PARTICIPANTES:
Poderá participar neste III Certame
Literario calquera persoa, que non
sexa profesional e que presente un
relato inédito escrito en lingua
galega. Os participantes agruparanse
en tres categorías:
•Categoría A: dende os 9 ós 14 anos
(ambas inclusive)
•Grupo
B: dende os 15 ós 18 anos (ambas
inclusive)
•Categoría C: dende os 19 anos en
diante.
2º
TEMÁTICA:
O Concello de Soutomaior: a súa
historia, monumentos, lendas, etc.
3º
PRESENTACIÓN:
•Os
relatos deberán estar escritos en
lingua galega e
non haber sido presentados en ningún
outro certame.
•A
extensión máxima dos relatos non
poderá excede-los 10 folios escritos
a dobre espacio e por unha cara e a
extensión mínima será de 5 folios. O
formato deberá ser papel DIN A4.
Valorarase que os relatos estean
escritos a máquina ou ordenador, se
isto non fose posible a letra
manuscrita deberá ser lexible.
•É
necesario que estean paxinados e que
leven unha portada na cal apareza o
título do mesmo.
•O conto
entregarase dentro dun sobre pechado
e dentro deste sobre deberase
engadir un folio no cal figuren os
seguintes datos que para a
identificación do/a autor/a:
•Nome e
apelidos
•D.N.I.
•Enderezo
•Data de nacemento
•Categoría a que te presentas
Poderase
enviar por correo, indicando no
exterior do sobre:
III Certame Literario “Conto
Contigo”, ao seguinte enderezo:
Oficina
Municipal de Información Xuvenil -
R/ Illas Alvedosas, 3 - 36690
Concello de Soutomaior
Tamén se
poderá entregar en persoa no mesmo
enderezo, en horario de luns a
venres de 16,00 a 20,00 e venres de
9,00 a 14,00 h.
Nota: Se tes algunha dúbida podes
contactar connosco no seguinte
número de teléfono: 986 700 822 ou
ben, enviándonos un e-mail ao
seguinte enderezo:
omix@soutomaior.com,
4º
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Os
contos poderanse presentar ata o
venres 14 de maio de 2004 ás 20:00
horas.
5º
PREMIOS:
•Categoría A –Seleccionaranse tres
relatos
- 1ª
Relato: galardoado cun trofeo e un
diploma acreditativo
- 2º
Relato: galardoado cun lote de
libros e un diploma acreditativo
- 3º
Relato: galardoado cun lote de
libros e un diploma acreditativo
•Categoría B- Seleccionaranse tres
relatos
- 1º
Relato : galardoado cun trofeo e un
diploma acreditativo
- 2º
Relato: galardoado cun lote de
libros e un diploma acreditativo
- 3º
Relato: galardoado cun lote de
libros e un diploma acreditativo
•Categoría C- Seleccionaranse tres
relatos
- 1º
Relato: galardoado cun trofeo e un
diploma acreditativo
- 2º
Relato: galardoado cun lote de
libros e un diploma acreditativo
- 3º
Relato : galardoado cun lote de
libros e un diploma acreditativo
6º
XURADO:
•Valorará positivamente:
- A
creatividade
- Unha
redacción coherente
- Que o
texto vaia acompañado por
ilustracións feitas a man.
•O
xurado estará composto por persoas
cualificadas para esta función
designadas pola Concellería de
Xuventude do Concello de Soutomaior.
Os nome das mesmas comunicarase os
participantes antes do día da
entrega de premios.
•A
decisión tomada por este será
inapelable e farase pública no acto
de entrega dos premios.
•O
Certame Literario poderá ser
declarado deserto polo xurado na súa
totalidade ou en nalgunha das
categorías.
7º
ENTREGA DE PREMIOS:
•O nome
dos/as autores/as dos relatos
premiados farase público en maio de
2004, mediante un acto no cal se
fará a entrega e se procederá á
clausura do certame. Estarán
presentes os membros do xurado e
todas as persoas que así o queiran.
Os autores deberán recolle-lo seu
galardón persoalmente.
•Os
contos permanecerán expostos ó
público na OMIX.
NOTA:
A participación neste Certame
Literario supón a aceptación integra
destas bases, así como a aceptación
da decisión do xurado, que será
inapelable.
ORGANIZA:
Concellería de Xuventude
Concello
de Soutomaior
|