A Ciberaula: Aula de Natureza Itinerante Semana do Medio Ambiente en Soutomaior

 

CONCELLERÍA DE XUVENTUDE
 

   
Pechar ventana
 


ciberaula en soutomaiorO día 5 de xuño é o día INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE e con tal motivo a Concellería de Medio Ambiente e o Concello de Soutomaior queren promover unha conciencia solidaria co medio ambiente e un maior coñecemento do mesmo a través da CIBERAULA.
¿ Que é a CIBERAULA? Ciberaula é unha exposición itinerante e interactiva sobre temáticas do contorno de Galicia. Combina unha mostra de paneis cunha rede informática que dá soporte a diversos programas educativos nos que os asistentes poden intercalación libremente con pantallas gráficas, vídeos e xogos relacionados sobre o medio ambiente e realizar unha visita virtual por distintos hábitats naturais e urbanos, así como coñece-las principais especies que os habitan. Durante unha semana enteira contaremos con cinco ordenadores para consultar aspectos relacionados co medio ambiente dunha maneira moi divertida a través de xogos: de razoamento e deducción, de modificación de imaxes, de creación de debuxos e sons, de reciclaxe, de educación vial, etc.

DESTINATARIOS/AS:
Mozos e mozas maiores de 8 anos e público xeral.

APLICACIÓNS DA CIBERAULA
Para os máis pequenos:
· Aplicación para modificar unha imaxe e convertela nunha secuencia en movemento.
· Programa para construír distintas caras divertidas e animadas a partir de diferentes partes   dunha cara (orellas, ollos, etc.).
· Razoamentos e Deduccións: Aplicación que inclúe varios xogos de razoamento e de deduccións   sobre diferentes temas, cores, sons, movementos.
· Aplicación que contén varios xogos de ciencia e natureza, aprendizaxe das diferentes   estacións, temperaturas, cores, etc. · Programa de creación de debuxos, música, compresión   de sons, cores, etc.
Aplicacións sobre educación ambiental, vial, etc.:
· Conto "O Lixo": Conto que resume a cantidade de lixo que se produce e que facer con el.
· Educación Ambiental: Programa de animación para aprender educación ambiental sobre o mar,   os sinais, etc.
· Educación Vial Bici: Aplicación de Educación Vial.
· Os Alimentos: Explicación dos alimentos, por medio dun xogo.
· Recicla-lo Lixo: Programa que nos explica a través duns debuxos animados como debemos   reciclar: papel, pilas, plásticos, etc.
Xogos sobre educación ambiental:
· Detectives Verdes · Coidar o mundo

DATAS E LUGAR:
dende o día 4 ata o 14 de xuño na Casa da Cultura de Arcade.

HORARIOS:
todos os días de luns a venres de 16,00 a 20,00 h

MÁIS INFORMACIÓN:
OMIX , R/ Illas Alvedosas, 3 - 36690 , omix@soutomaior.com, teléfono/Fax 986 700822

ORGANIZA:
Concellería de Medio Ambiente e Xuventude
Concello de Soutomaior

COLABORA:
Consellería de Medio Ambiente.
Xunta de Galicia

 

                                                                                                                                                                    subir


Parroquias - Localización - Mapas - O Castelo - Axenda - Galería Fotográfica - Mapa Web - Aviso Legal

© 2006 Concello de Soutomaior
Rúa Alexandre Bóveda, 8 36691 - Soutomaior Pontevedra
Webmaster: LYC Servicios Informáticos