IV BAIXADA DE CARRILANAS

 

CONCELLO DE SOUTOMAIOR
 

   
Pechar ventana
 

IV Baixada de Carrilanas - Soutomaior4Carrilanas ¿Que é iso?
4
Programa de Actividades
4Bases, regulamento, etc...
4Formularios de Inscrición.
4Prémios
4
Vindeiras baixadas de carrilanas 2006
4Mapa

IMPORTANTE:

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O 21 DE XUÑO

 Edicións Anteriores:
4Carrilanas 2004
4Carrilanas 2005

 

As Carrilanas

 


FOTOS

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

 

 

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

carrilanas - Concello de Soutomaior

 

 

 

carrilana - Concello de Soutomaior

 

 

Carrilana de madeira

 

 

carrilana

 


As carrilanas

A imaxinación e o inxenio foron elementos clave na construcción das carrilanas e foi así como os nosos/as mozos/as construíron estes vehículos para poder descender as baixadas da nosa orografía valéndose do seu propio peso e da súa habilidade.

Nun principio tratábase de catro táboas con rodas de madeira ou rodamentos de coches ou camións. Os/as nenos/as xogaban con estes aparellos nos seus pobos ata que os tempos os fixeron evolucionar. Así, as gañas de correr e os novos tempos fixeron que, as iniciais rodas de madeira deran paso a unhas rodas e eixes de madeiras nobres con sistemas de engrenaxe e recubrimentos de goma de reumático para lograr unha maior adherencia incorporando metais no chasis.

O que nun principio comezou como unha forma de diversión infantil evolucionou cara un dos deportes - espectáculo que máis participantes e público (infantil, xuvenil e adulto) atraen en Galicia.

O resultado disto é que na actualidade estase a recuperar unha tradición esquecida en moitos dos nosos pobos converténdose nunha actividade de diversión alternativa que invita ós participantes a desenvolver a súa capacidade creativa e inventora.

A Concellería de Xuventude e Benestar Social do Concello de Soutomaior, quere contribuír a que esta tradición galega non se perda e, por iso, animámosvos a construír a vosa propia carrilana e participar na baixada que se celebrará no mes de maio no noso Concello.


subir

 

 

Programa de Actividades

 



SÁBADO 24 DE XUÑO:

Campo de Fútbol de Candán (Soutomaior)

     - Serán a partir das 21,00 h.

     - Churrascada ás 22,30 h.

     - Acampada.

DOMINGO 25 DE XUÑO:

De 9,30 a 11,00 h Baixada de proba.

De 11,00 a 13,00 h Pavillón da Montesiña.

     - Inscrición definitiva.

     - Revisión de carrilanas.

     - Exposición.

16,00 h 1º Baixada.

18,00 h 2º Segunda Baixada.

20,30 h Entrega de premios.

21,00 h Clausura.

 

subir
 

 

Bases e Regulamento

 
1. Normas xerais

2. Categorías

3. Normativa técnica das categorías

4. ¿Como federarse?

Federación de Deportes de Inercia (FDI)
Campionato Galego

5. Documentación para os/as pilotos

Inscrición na baixada de Soutomaior
Inscrición para federarse
Inscrición no campeonato galego

5. Premios
--------------------------------------------------------------------------------------------

41. NORMAS XERAIS

A baixada de Soutomaior está inscrita no campionato galego do ano 2006, polo que asume a normativa técnica establecida no regulamento da mesma con respecto ás categorías presentadas polo Concello.

As persoas que desexen participar neste campionato deberán federarse (cota de 60 euros para maiores de 14 anos e de 50 para menores) na federación de deportes de inercia e tamén inscribirse no campionato pagando unha cota de 5 euros que será anual e che permitirá participar e puntuar en todas as baixadas inscritas no campionato deste ano.

Para as persoas que soamente desexen participar na proba de Soutomaior como federados/as deberán pagar unha cota de 30 euros á federación por participar nesta proba.

Para as persoas que non desexen federarse nin puntuar no campionato galego o Concello de Soutomaior ofrece a posibilidade de descender polo circuíto pero sen ser cronometrados, sempre e cando respeten as normas xerais e específicas da modalidade e as establecidas pola organización.

Nota:

Todas as carrilanas deberán dispor dun espazo libre na parte dianteira, de aproximadamente 20cm de ancho por 10 cm de alto e alomenos 5cm do chan para a colocación do DORSAL MATRÍCULA que lle será asignado no momento da inscrición no Campionato e deberá usar durante toda a temporada.

Recoméndase pintalo xa que deberá durar toda a temporada. As letras e números deben ser de cor negro sobre fondo branco a fin de facilitar a identificación da carrilana á organización.

Por outra banda, para as persoas que veñan o día anterior e se queden a acampar, a organización ofreceralles a comida para o día seguinte.

Con respecto ás normas de seguridade, coma todos os anos o Concello disporá dos medios necesarios para previr calquera incidente ocasionado polas persoas participantes aínda que agradecemos que o público tamén respecte estas normas.

REGULAMENTO DEPORTIVO:

Presuponse que calqueira persoa inscrita no Campionato. Galego de Carrilanas ou en calqueira das súas probas faino por vontade propia e cunha actitude deportiva e responsable no exercizoda pilotaxe, accións como a conducción temeraria ou baixo efectos de sustancias estupefacientes ou alcohol, serán motivo de exclusión da proba por parte do/a xuez ou xuíza correspondente e no caso de reincidencia de exclusión do Campionato. Do mesmo xeito, calquera conducta irresponsable ou antideportiva como pode ser a non colaboración coa organización serán obxecto da mesma sanción.

REQUISITOS DE SEGURIDADE IMPRESCINDIBLES:

É indispensable para calquera categoría levar casco, moi recomendable integral. Asemade, usar roupa que cubra a totalidade do cuerpo Recoméndase ler os regulamentos correspondentes da FDI, www.fedei.com

Norma excepcional para os dous primeiros anos de campionato:

No caso de poseer unha carrilana fora do regulamento técnico establécense as seguintes sancións por non cumprir aa normativa:

1ª Proba do campionato: comunícase a Regulamentación de peso e dimensións.
2ª Proba do campionato: advírtese que en na vindeira pruoba tendrá sanción.
3ª Proba do campionato: se non cumpren descóntanse: 15 Puntos.
4ª Proba do campoonato: exclúese a carrilana do campionato.

FONTE: www.cgdi.info

42. CATEGORÍAS

Na baixada de carriladas organizada polo Concello de Soutomaior establécense catro categorías e algunha, a súa vez, subdivídese nas seguintes:

Categorías:

A Madeira
   A1 Sen rodamentos
   A2 Con rodamentos

B Rodamentos

C Neumática
   C1 tres rodas
   C2 catro rodas

D Non cronometrada



43. NORMATIVA TÉCNICA DAS CATEGORÍAS

Explicación das dimensións, pesos, medidas de seguridade, etc. de vehículos e pilotos para as competicións nacionais.

Normativa técnica: Madeira

Os chasis, eixes e rodas deberán ser de madeira, podendo dispor dun recubrimento de goma, pero sin aire. Peso máximo 200Kg.

Subcategoría sen rodamentos: non se permiten rodamentos dentro das
rodas.

Subcategoría con rodamentos: permítense rodamentos dentro das rodas.

Normativa técnica: Rodamentos

As rodas serán de rodamentos, cun diámetro máximo 22 cm, sen recubrimento
de ningún tipo, aínda que sí se permiten estrías.

A construcción do chasis será libre. Peso máximo: 300Kg. Máximo 8 pilotos.

Sistema de freo mínimo con dúas zapatas dun tamaño mínimo de 20x20cm. O sistema de freo debe permitir elevar o vehículo (cos seus ocupantes encima) dous cm sobre o chan.

Normativa técnica: Neumática

As rodas serán de plástico ou goma, con ou sen aire. O chasis será libre, pero non poderán usarse bicicletas, motos ou coches (aínda que sexan modificados) e tampoco se poderán usar eixes completos de coche sen modificar.

Subcategoría de tres rodas (C1): Deberán cumprir adiccionalmente os
seguintes requisitos:

 Tres rodas.
 Máximo 2 pilotos.
 O peso dun vehículo queda limitado a 200Kg.
 As rodas deben xirar libremente e apoiar na superficie da pista en posición estática.
 Deben estar compostas por llanta e neumático.
 O neumático deberá ser compretamente fabricado en goma caucho e comercializado en tendas.
 Deberá cubrir totalmente a llanta na súa circunferencia e anchura.
 Pódense limar, debuxar, rebaixar e cortar mentras se poidan recoñecer.
 Non poderán incluír ningún tipo de cravos ou cadeas.
 As llantas poden ser de calqueira marca comercial de adquisición en tendas.
 As llantas deben ser de idénticas dimensións e iguais a ambos lados do chasis.

Medidas máximas permitidas:

 Distancia máxima entre eixes (traseiro-dianteiro): 150cm.
 Anchura máxima entre eixes (traseiro-centro a centro de neumático): 120cm.
 Diámetro máximo: 57cm.
 Anchura máxima: 140cm.
 Lonxitude máxima: 260cm.

● Subcategoría de catro rodas (C2): Deberán cumprir adicionalmente os
seguintes requisitos:

 Catro rodas ou de tres rodas se non entran na norma C1.
 Límite de ancho de 150 cm entre exteriores de rodas (ambos eixes).
 Límite de longo total: 250cm.
 Peso máximo: 200Kg.
 Máximo 3 pilotos.

Normativa técnica: Non cronometrada

Non se cronometrará.
Poderán participar nesta categoría todos os vehículos que non encaixen en ningunha das categorías anteriores, coas seguintes limitacións:

 Límite de longo de 300cm.
 Límite de peso de 500Kg.


4 4. ¿COMO FEDERARSE?

Federación de deportes de inercia (FDI)

Para federarse os/as pilotos deberán ingresar unha cota de 60 euros anual. Para federarse soamente tedes que cubrir o formulario que aparece no apartado de documentación pilotos nesta web ou entrar en www.fedei.com

Algunhas características destacadas de la FDI:

- Contrata un Seguro de Accidentes individual para pilotos, así como Seguro de Responsabilidad Civil para cada proba.
- Coordina os regulamentos técnicos y de seguridade, facendo especial fincapé nesta última, tanto a nivel de protección de circuítos como de protección de pilotos.
- Organiza os Campionatos Autonómicos (8 en 2.006 ), así como a Copa Nacional de Deportes de Inercia a 10 probas e o Campionato Nacional.
- En 2.005 coordinou a celebración de 35 carreiras en toda España.
- Cooperar na presenza de corredores nacionais nos Campionatos de Europa e Campionatos do Mundo.

Campionato Galego

Regulamento técnico:

Como regulamento técnico adóptase o publicado pola FDI para presente temporada para cada categoría sen excepción. Dispoñibles en www.soutomaior.com ou na web da FDI, www.fedei.com

O Campeonato Galego establece a obriga de tapar os pasos de roda pola parte superior en calquer carrilada que o/a piloto corra risco de encaixarse entre a roda e o chasis.

Ademáis todas as carrilanas deberán dispor dun espazo para o dorsal.

Premios e puntuacións:

Para optar a un premio, é necesario participar, obrigatoriamente, na metade das probas máis 1, admitidas pola Asociación para todo o campionato anual. Se o número de probas fose impar, marcarase metade de probas con redondeo á alza (por exemplo consideraríase 9 a metade de 17 e 10 o mínimo para puntuar). En caso de participar nun número de probas ou carreiras superiorres ao mínimo esixido, tendranse en conta os mellores resultados computables a cada carrilana.

Puntuación por carrera

1º CLASIFICADO: 25 Puntos
2º CLASIFICADO: 20 Puntos
3º CLASIFICADO: 16 Puntos
4º CLASIFICADO: 13 Puntos
5º CLASIFICADO: 11 Puntos
6º CLASIFICADO: 10 Puntos
7º CLASIFICADO: 9 Puntos
8º CLASIFICADO: 8 Puntos
9º CLASIFICADO: 7 Puntos
10º CLASIFICADO: 6 Puntos

Para promover as carreiras e buscar a máxima participación en todas, dánselle a cada carrilana, 2 Puntos por participar e outros 2 Puntos por terminar a prueba, en total 4 Puntos, en cada una das carreiras en que participe, independente do posto que acade.

Dentro de cada Categoría o Subcategoría que puntúan para este campionato, se nunha carreira ou proba determinada, participan corredores/as non inscritos/as neste campionato, estos bloquean as puntuacións do posto que ocupen.

Para dar esta puntuación, farese unha clasificación de cada proba por, categoría ou subcategorías, tendo en conta, o mellor tempo que cada carrilana faga, nas dúas baixadas obrigatorias. Para puntuar é obrigatorio chegar á meta nas dúas baixadas.

Esta puntuación fixaraa a Asociación, en virtude das Categorías ou Subcategorías que se establezan anualmente, para o que cada organización deberá facilitar a clasificación e tempos das dúas baixadas obrigatorias de cada proba e de cada unha das carrilanas participantes aos/ás membros da Asociación, ao término da proba.

A puntuación da categoría non cronometrada estableceraa cada organización de proba ou carreira, non por tempos senón por puntuación dos seus membros. Para a Clasificación desta categoría, utilizarase pola Asociación o mesmo baremo de puntuación sinalado, tendo en conta a clasificación por puntuación de cada organización de proba.

As clasificacións provisionais de cada grupo e subgrupo, publicaranse na páxina Web da
Asociación, y no taboleiro que se instalará na saída de cada proba ou carreira que sexa puntuable para este campionato.

Ó final do campeonato a asociación entregará os premios ás tres persoas mellores clasificadas durante unha cea organizada para todas as persoas participantes no campeonato.

Inscricións

É obrigatorio que todos os/as membros de cada carrilana ou equipo estén en posesión da licenza FDI (esta licenza ten un coste de 60 euros para a temporada 2006), ademais haberá que aboar a cantidade de 5 euros/ano, tanto para poder inscribirse como para poder participar neste campionato ou nas súas probas puntuables.

Si se participa nunha proba determinada deberase aboar a cantidade de 30 euros (importe licenza FDI).

Para obter unha licenza da FDI é necesario alomenos ter 14 anos, os/as pilotos menores desta idade deberán contar coa autorización do/a titor legal. Os menores de 14 anos poderán competir no Campeonato Galego de Carriladas sempre e cando teñán o consentimento expreso dos seus responsables legais.

Os/as menores de 18 anos deberan presentar una autorización do/a seu/súa titor/a legal, manifestando o seu consentimento previo para dita participación.
Todas as carrilanas participantes no Campionato Galego de Carrilanas serán revisadas previamente, en cada proba, por parte da organización para comprobar que cumpren todas as normas técnicas establecidas por la FDI para poder participar na súa categoría.

A Organización poderá excluír ós/ás pilotos ou carrilanas que considere,noncumpren as condicións suficientes que determina a FDI para cada categoría.

Para inscribirse:

Pódese facer na Web desta Asociación ou enviar por carta: a solicitude, a copia do justificante de abono dos 5 euros, a copia de pago da licenza FDI, de cada unha das persoas de cada carrilana.

 

4 5. DOCUMENTACIÓN PARA OS/AS PILOTOS


Inscrición na baixada de Soutomaior

Para participar nesta baixada é necesario cubrir o formulario de inscrición e a autorización de menores para aquelas persoas que sexan menores de 18 anos.

Debedes enviar esta documentación vía correo electrónico, vía fax ou ben vía correo postal a:

Oficina Municipal de Información Xuvenil - r/ Illas Alvedosas, 3 – 36690 – Concello de Soutomaior

Teléfono/fax: 986 700 822
Correo electrónico: omix@soutomaior.com

O prazo de inscrición remata o día 21 de xuño de 2006.

Aquelas persoa que non se inscriban previamente non poderán participar en ningunha das categorías.


subir


Ficha de Inscrición (Soutomaior): >> Descarga (PDF) (156  KB)

Autorización para menores:(Soutomaior) >> Descarga (PDF) (83 KB)

Nas Oficinas da OMIX  omix@soutomaior.com


-------------------------------------------

Formulario de Incrición na FEDEI (Formulario de solicitude de licenza federativa)  >> Descarga (PDF) (15 KB)

Para compretar a inscrición na FDI e recibir o carné de federado/a é preciso cumprimentar e remitir este formulario de solicitude vía fax ao número 985.26.52.68 ou vía mail a info@fedei.com xunto cunha copia do resgardo do ingreso da cota de inscrición (60€ para maiores de 14 anos e 50€ para menores), no número de conta: (BBVA) 0182/0715/46/0201527998

Formulario de inscrición no campionato galego
>> Descarga (PDF) (16 KB)

----------------------------------------------

subir

 

Premios

Entregaranse trofeos ou placas conmemorativas ós/ás 3 primeiros clasificados de cada categoría ou subcategoría. Os premios son os seguintes:

4MODALIDADE A:
    1º PREMIO: Trofeo + Xamón
    2º PREMIO: Trofeo + Lacón
    3º PREMIO: Trofeo + caixa de ostras

4MODALIDADE B:
    1º PREMIO: Trofeo + Xamón
    2º PREMIO: Trofeo + Lacón
    3º PREMIO: Trofeo + Caixa de ostras

4MODALIDADE C:
    1º PREMIO: Trofeo + Xamón
    2º PREMIO: Trofeo + Lacón
    3º PREMIO: Trofeo + Caixa de ostras

4
MODALIDADE D SEN CRONOMETRAR:

4PREMIO ÁS CARRILANAS MÁISS ORIXINAIS: Trofeo para as tres máis orixinais

subir

 

Calendario 2006

Baixadas puntuables:
Cudeiro Ourense 12 de Marzo Información
Bandeira Pontevedra 2 de Abril Información Cancelada
Cacabelos Ponferrada- Leon 15 de Abril Información
Lago Castiñeiras Pontevedra 21 de Mayo Información
Sta. Maria de Tebra Pontevedra 27 de Mayo Información
Melón Ourense 4 de Junio Información
Sta. Maria de Reza Ourense 11 de Junio Información
Viladonelle-Neda A Coruña 11 de Junio Información
Santiago de Oliveira - Ponteareas Pontevedra 18 de Junio Información
Soutomaior Pontevedra 25 Junio Información
Viloira Ourense 9 Julio Información
Sta. Cruz de Arrabaldo Ourense 22 y 23 de Agosto Información
Arnoso - Ponteareas Pontevedra 30 de Julio Información
Xinzo - Ponteareas Pontevedra 6 de Agosto Información
Valdoviño A Coruña 12,13 de Agosto Información
Crecente Pontevedra 15 de Agosto Información
Empanada de Bandeira Pontevedra 18, 19 e 20 de Agosto Información
Freixo -Vigo Pontevedra 9 de Septiembro Información
Xinzo - Ponteareas Pontevedra 12 de Octubre Información
________________________________________
Bajadas no confirmadas:
Cartelle Ourense Julio
Muiños Ourense Agosto
Bueu Pontevedra
Pesqueiras Pontevedra
________________________________________
Datas reservadas:
Esteiro A Coruña 15, 16 de Agosto

________________________________________

 Máis datos

Federación de deportes de inercia:

Web: www.fedei.com
Fax: 985 265 268
C.C: 0182-0715-46-0201527998 BBVA

Asociación Gallega de Carrilanas: (Campeonato Gallego de Carrilanas)

Web: www.cgdi.info
E-mail: webmaster@cgdi.info
Fax: 986 661 628
C.C: 0182-5392-31-0201517427 BBVA.

OMIX  - Concello de Soutomaior
R/ Illas Alvedosas, 3 – 36690 – Concello de Soutomaior
Teléfono/fax: 986 700 822
omix@soutomaior.com

 


subir

 

 
 

 



                                                                                                                                       subir


Parroquias - Localización - Mapas - O Castelo - Axenda - Galería Fotográfica - Mapa Web - Aviso Legal

© 2006 Concello de Soutomaior
Rúa Alexandre Bóveda, 8 36691 - Soutomaior Pontevedra
Webmaster: LYC Servicios Informáticos