|

BASES E
REGULAMENTO DA BAIXADA
>>
Descarga (PDF)
(141Kb)
1.- Para participar será obrigatorio inscribirse previamente
cubrindo a Ficha de inscrición e
presentándoa na OMIX
No caso dos menores de idade, o
seu pai, nai ou titor/a deberá
manifestar o seu consentimento
previo para dita participación. A
tales efectos, deberán presentar a
autorización para menores,
debidamente cumprimentada e asinada.
Para máis información OMIX- R/ Illas
Alvedosas, 3 – 36690 Arcade –
Soutomaior Teléfono/Fax 986 700822
2. – Haberá tres categorías de
inscrición en función do tipo de
material co que este construida a
carrilana:
MODALIDADE A: Con chasis e rodas
de madeira (sen rodamentos)
MODALIDADE B: Chasis de madeira e
rodas de ferro (con rodamentos).
MODALIDADE C: Con chasis de ferro
e rodas de goma
3. – Os premios para cada modalidade serán os seguintes:
MODALIDADE A:
1º PREMIO: Trofeo + Xamón reserva
2º PREMIO: Trofeo + Lacón
3º PREMIO: Trofeo + caixa de
ostras
MODALIDADE B:
1º PREMIO: Trofeo + Xamón reserva
2º PREMIO: Trofeo + Lacón
3º PREMIO: Trofeo + Caixa de
ostras
MODALIDADE C:
1º PREMIO: Trofeo + Xamón reserva
2º PREMIO: Trofeo + Lacón
3º PREMIO: Trofeo + Caixa de
ostras
PREMIO Á CARRILANA MÁIS ORIXINAL
E A TÓDALAS CARRILANAS PARTICIPANTES
4.- A exposición e presentación
das carrilanas será obrigatoria e
realizarase o domingo pola mañá no
aparcadoiro do Pavillón de Deportes
da Montesiña. Os /as participantes
deberán mostrar o seu DNI antes
de realizar a baixada. Non poderán
participar máis de dúas persoas por
carrilana.
5. – Todas as carrilanas
participantes serán revisadas
previamente pola organización para
comprobar que reúnen todos os
requisitos de seguridade. O volante
debe de xirar na mesma dirección que
as rodas e será obrigatorio usar
casco durante a baixada.
Nota: PODERÁ SER REXEITADO
CALQUERA PILOTO OU CARRILANA QUE A
ORGANIZACIÓN CONSIDERE QUE NON ESTÉ
EN CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NA
BAIXADA.
6. - A proba constará de dúas
baixadas cronometradas, nas que os
tempos obtidos serán sumados para a
obtención da clasificación final.
7. - A organización declina calquera responsabilidade por
accidente ocorrido antes, durante ou
despois da proba que non teña
relación coa póliza do seguro de
responsabilidade civil que ten
asignada para cubrir esta actividade
o Concello de Soutomaior.
8. – O Concello de Soutomaior
contará coa colaboración dos membros
do corpo da Policía Local e tamén
cun dispositivo da Agrupación de
voluntarios/as de Protección Civil,
para garantir a máxima seguridade
dos/as cidadáns/cidadás e dos/as
participantes, durante a realización
das actividades, contando para isto
con material específico de
seguridade.
FINALMENTE
Os/as concursantes recoñecen o
trazado, pendentes e baixadas do
circuíto, e participan
voluntariamente nesta actividade e,
para que así conste a súa
conformidade, coñecemento e
acatamento das bases e regras asinan
a presente en Soutomaior a _______
de _______________ de 2005
Asdo.__________________________
DNI__________________________
Ficha de
Inscrición: >>
Descarga (PDF) (171 KB)
Nas Oficinas da OMIX
(Biblioteca)
omix@soutomaior.com
Autorización para
menores: >>
Descarga (PDF) (141KB)
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
4SÁBADO
11 DE XUÑO
18,00 h
Inscricións exposición de carriladas
20,00 h
Serán: actuación de varios grupos de
gaitas,
pandereteiras, cantareiras, etc.
21,000 h Cea:
Churrascada, viño e pan
Acampada
4DOMINGO
12 DE XUÑO
9:00 h Inscricións das
carriladas participantes ata as
12,30 h
12,30 h Revisión de carriladas e
apertura do circuíto de probas
13,30 h Animación da comparsa “OS
REMOLÓNS” de Vilagarcía: música e
escenificacións varias
16,00 h 1º Baixada de Carriladas
inscritas (Puntuable)
18,00 h 2º Baixada de Carriladas
inscritas (Puntuable)
20,30 h Entrega de premios
Durante o día do domingo haberá unha
carpa con mesas, sillas e pulpeiras.
1.-Concello do Barco de
Valdeorras, 28 de maio
2.-Concello de Melón, 29 de maio
3.-Concello de Bueu, 4 e 5 de
xuño
|