|
1.- FREIXO – VALADARES
12 DE XUÑO
Estrada de San Xoán, 53 Freixo
Máis información 986 208961 /
667567026
2.- CAMOS 15 DE AGOSTO
3.- VINCIOS 26 DE XUÑO 3 DE
XULLO
Máis información Casa da Cultura de
Vincios
4.- CARTELLE 9 e 10 DE XULLO
VI FESTA DAS CARRILANAS DE CARTELLE
(Ourense)
VENRES 9 DE XULLO
ÁS 24:00 horas na Feira de Cartelle
DISCOTECA MÓBIL – 8000 W DE SON-
GOGOS – FESTA BACARDI - REGALOS
SÁBADO 10 DE XULLO
POLA MAÑÁ: XUNTANZA MOTOTURÍSTICA:
1. RUTA DE QUADS A PARTIR DAS 10:00
HORAS POR DISTINTAS PISTAS E CAMIÑOS
PARA ATACA-LO COTO DE NOVELLE,
BAIXAR ATA CASTRELO DE MIÑO E DE
NOVO VOLVER A CARTELLE
2. RUTA DE MOTOS A PARTIR DAS 12:00
HORAS POLAS ESTRADAS DO NOSO FERMOSO
CONCELLO
POLA TARDE:
A PARTIR DAS 18:00 HORAS EXHIBICIÓN
DE MOTO CROSS NO CAMPO DE FÚTBOL
A PARTIR DAS 20:00 HORAS
ESPECTACULAR BAIXADA DE CARRILANAS (INSCRICIÓN
GRATUITA) E EXHIBICIÓN DE KARTS
POLAS RÚAS DA LOCALIDADE
Dúas Baixadas Individuais
Cronometradas Categoría Oficial e
Categoría Libre
Premios:
1º 120 euros
2º 60 euros
3º Trofeo
Carrilana máis elaborada Trofeo
Participantes máis novos Trofeo
A PARTIR DAS 21:00 HORAS E DAS
24:00 HORAS O ACRÓBATA SHOW
PORTUGUÉS SOBRE MOTO PAULO MARTINHO
FARANOS VIBRAR CO SEU IMPRESIONANTE
ESPECTÁCULO
A PARTIR DAS 22:00 HORAS CEA
POPULAR NO CAMPO DA FEIRA DE
CARTELLE PARA DEGUSTAR UNHA PAELLA
XIGANTE
A PARTIR DAS 24:30 HORAS
ACTUACIÓN DO GRUPO MUSICAL M3 E
CONCURSO DE RESISTENCIA NO TORO
MECÁNICO.
Información Omix Cartelle
988491111 / 679285595 / 606836965
5.- SAN MAMEDE VALDOVIÑO 8 DE
AGOSTO (A Coruña)
6.- O GROVE 9 DE AGOSTO
7.- ARMENTEIRA 15 DE AGOSTO (Ourense)
8.- CAMOS 15 DE AGOSTO (Nigrán)
9.- ARNOIA 15 DE AGOSTO (Ourense)
10.- RUS 15 DE AGOSTO
(Galicia)
11.- AIRBAR 21 DE AGOSTO (Euskadi)
12.- BANDEIRA 22 DE AGOSTO (Silleda)
13.- SEARES 28 DE AGOSTO
(Asturias)
14.- S.VITORIO 29 DE AGOSTO (Ourense)
15.- MEAÑO 12 DE SETEMBRO (O
Salnés)
16.- A PENA DO SALNÉS 12 DE
SETEMBRO ( Barcelona)
17.- ABADÍN 16 DE SETEMBRO
(Lugo)
18.- CARCAR 19 DE SETEMBRO
(Navarra)
19.- PAMPLONA 25 DE SETEMBRO
(Navarra)
20.- OSACAR 3 DE OUTUBRO
(Navarra)
21.- XIMZO 12 DE OUTUBRO (Ponteareas)
22.- ARTEIXO 16 DE OUTUBRO (A
Coruña)

>>Pincha para
enviar un correo
As carrilanas
A imaxinación e o inxenio foron
elementos clave na construcción das
carriólanas e foi así como os nosos/as
mozos/as construíron estes vehículos
para poder descender as baixadas da
nosa orografía valéndose do seu
propio peso e da súa habilidade.
Nun principio tratábase de catro
táboas con rodas de madeira ou
rodamentos de coches ou camións.
Os/as nenos/as xogaban con estes
aparellos nos seus pobos ata que os
tempos os fixeron evolucionar. Así,
as gañas de correr e os novos tempos
fixeron que, as iniciais rodas de
madeira deran paso a unhas rodas e
eixes de madeiras nobres con
sistemas de engrenaxe e
recubrimentos de goma de reumático
para lograr unha maior adherencia
incorporando metais no chasis.
O que nun principio comezou como
unha forma de diversión infantil
evolucionou cara un dos deportes -
espectáculo que máis participantes e
público (infantil, xuvenil e adulto)
atraen en Galicia.
O resultado disto é que na
actualidade estase a recuperar unha
tradición esquecida en moitos dos
nosos pobos converténdose nunha
actividade de diversión alternativa
que invita ós participantes a
desenvolver a súa capacidade
creativa e inventora.
A Concellería de Xuventude e
Benestar Social do Concello de
Soutomaior, quere contribuír a que
esta tradición galega non se perda
e, por iso, animámosvos a construír
a vosa propia carrilana e participar
na baixada que se celebrará no mes
de maio no noso Concello.


BASES E REGULAMENTO DA
BAIXADA
>>
Descarga
(PDF) (26Kb)
1.-
Para participar será obrigatorio
inscribirse previamente na OMIX,
acompañando a seguinte
documentación:
- Ficha de
inscrición.
- No caso dos menores de idade, o
seu pai, nai ou titor/a deberá
manifestar o seu consentimento
previo para dita participación. A
tales efectos, deberán presentar a
autorización para menores,
debidamente cumprimentada e asinada.
As bases e a
documentación pódense baixar
visitando a páxina www.soutomaior.es/xuventude/actividades.
Para máis información OMIX- R/ Illas
Alvedosas, 3 – 36690 Arcade –
Soutomaior Teléfono/Fax 986 700822
2. –
Haberá tres categorías de inscrición
en función do tipo de material co
que este construída a carrilana:
MODALIDADE A:
Con chasis e rodas de madeira (sen
rodamentos)
MODALIDADE B: Chasis de
madeira e rodas de ferro (con
Rodamentos).
MODALIDADE C: Con chasis de
ferro e rodas de goma
3. – Os
premios para cada modalidade serán
os seguintes:
MODALIDADE A: 1º
PREMIO: Trofeo + Xamón reserva +
Lote
de viños + caixa de ostras
2º PREMIO: Trofeo +
Xamón + caixa de ostras.
3º PREMIO: Trofeo +
lacón + caixa de ostras
MODALIDADE B: 1º
PREMIO: Trofeo + Lacón + caixa de
viños +
caixa de ostras.
2º PREMIO: Trofeo +
Lacón + caixa de ostras
3º PREMIO: Trofeo +
Lacón + caixa de ostras
MODALIDADE C: 1º
PREMIO: Trofeo + Lacón + caixa de
viños +
caixa de ostras
2º PREMIO: Trofeo +
Lacón + caixa de ostras.
3º PREMIO: Trofeo +
Lacón + caixa de ostras
PREMIO Á CARRILANA
MÁIS ORIXINAL: Trofeo
4.- A
exposición e presentación das
carrilanas será obrigatoria e
realizarase o domingo pola mañá no
aparcadoiro do Pavillón de Deportes
da Montesiña. Os /as participantes
deberán mostrar o seu D.N.I. antes
de realizar a baixada.
5. –
Todas as carrilanas participantes
serán revisadas previamente pola
organización para comprobar que
reúnen todos os requisitos de
seguridade. O volante debe de xirar
na mesma dirección que as rodas e
será obrigatorio usar casco durante
a baixada.
Nota: PODERÁ SER
REXEITADO CALQUERA PILOTO OU
CARRILANA QUE A ORGANIZACIÓN
CONSIDERE QUE NON ESTÉ EN CONDICIÓNS
PARA PARTICIPAR NA BAIXADA.
6. - A
proba constará de dúas baixadas
cronometradas, nas que os tempos
obtidos serán sumados para a
obtención da clasificación final.
7. - A
organización declina calquera
responsabilidade por accidente
ocorrido antes, durante ou despois
da proba que non teña relación coa
póliza do seguro de responsabilidade
civil que ten asignada para cubrir
esta actividade o Concello de
Soutomaior.
8. – O
Concello de Soutomaior contará coa
colaboración dos membros do corpo da
Policía Local e tamén cun
dispositivo da Agrupación de
voluntarios/as de Protección Civil,
para garantir a máxima seguridade
dos/as cidadáns e dos/as
participantes, durante a realización
das actividades, contando para isto
con material específico de
seguridade.
FINALMENTE
Os/as concursantes
recoñecen o trazado, pendentes e
baixadas do circuíto, e participan
voluntariamente nesta actividade e,
para que así conste a súa
conformidade, coñecemento e
acatamento das bases e regras asinan
a presente en Soutomaior a _______
de _______________ de 2004
Asdo.__________________________
D.N.I.__________________________
Ficha de Inscrición:
>>
Descarga (PDF)
(73 KB)
Nas Oficinas da OMIX
(Biblioteca)
omix@soutomaior.com
Autorización para
menores: >>
Descarga (PDF)
(17KB)
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
4DO
3 O 7 DE MAIO
16,00 a 20,00
Exposición de Fotografías
Tema: As carrilanas paso a paso.
LUGAR: Casa da Cultura de Arcade
4DOMINGO
9 DE MAIO
10,00 a 20,30
Exposición de Fotografías
Tema: As carrilanas paso a paso.
LUGAR: Pavillón de Deportes “ A
Montesiña"
10,30 a 12,00
Recepción e Exposición de Carrilanas
12,00 a 14,00
Degustación
16,00 a 16,30
Preparación dos/as participantes e
lectura de
normas de participación. Revisión
das carrilanas e distribución en
categorías.
16,30 a 20,00
Baixada de carrilanas
20,00 a 20,30
Entrega de premios
21,00 Teatro
Título da Obra: Un ovo de dúas xemas
Agrupación Teatral “ Fonte da Tella”
(Soutomaior)
Lugar: Casa do Pobo do Val Sobral
CLAUSURA DA XORNADA
|