
1. Solicitude de inscrición da
asociación, na que conste:
-
Identificación da persoa solicitante
ou promotora, sinatura,
NIF e cargo que ocupa na asociación.
- Identificación da asociación,
denominación, enderezo (incluído no
seu caso o de internet) e CIF. No
caso de non achega-lo CIF na
solicitude, unha vez obtido remitirase unha copia ó Rexistro de
Asociacións para a súa constancia.
- Descrición da documentación que
acompaña e petición que se formula.
a. Nas asociacións de ámbito
provincial:
Dirixida ó Ilmo. Sr. Delegado
Provincial da Consellería de Xustiza,
Interior e Administración Local da
provincia correspondente, asinada
pola persoa designada para tal
efecto na acta da asemblea
extraordinaria ou polo representante
da asociación segundo os estatutos
(solicita o modelo na OMIX).
b. Nas asociacións de carácter
autonómico:
A instancia dirixirase ó Ilmo.
Sr. Director Xeral de Interior e
Protección Civil, asinada pola
persoa designada para tal efecto na
acta da asemblea extraordinaria ou
polo representante da asociación
segundo os estatutos (modelo na OMIX).
2. Acta fundacional por
duplicado. Exemplar na que se
identifica a todas as persoas
promotoras e se especifica o lugar e
data do seu outorgamento. Na acta
débense recoller as sinaturas
orixinais de todos/as os/as
promotores/as, debe figurar a súa
vontade de constituír a asociación e
desígnanse os membros dos órganos
provisorios de goberno. (solicita o
modelo na OMIX)
3. Dous exemplares dos estatutos asinados en todas as follas con
sinaturas orixinais dos/as
promotores/as. (solicita o modelo da
OMIX)
4. Documentación acreditativa da
personalidade:
a) Se os/as promotores/as son
persoas físicas deberán remitir
copia do DNI.
b) Se son persoas xurídicas
certificación do acordo adoptado
polo órgano competente no que apareza a vontade de constituír a
asociación e formar parte dela así
como a designación da persoa física
que a representará (quen tamén
deberá acredita-la súa identidade
coa remisión da copia do DNI). As
persoas xurídicas acreditarán a súa
existencia presentando copia
compulsada da escritura pública de
constitución ou documento
constitutivo co xustificante da súa
inscrición no correspondente
rexistro.
5. Aboamento de Taxas. Segundo a
lexislación orzamentaria vixente.
(consultar taxas na OMIX)
Para saber máis sobre os trámites
legais de constitución dunha
asociación: acta fundacional,
elaboración de estatutos, inscrición
en rexistro, alta fiscal etc., a
onde tes que dirixirte infórmate na
OMIX de Soutomaior.
subir
|