CONCELLERÍA DE XUVENTUDE

 

 

 

ACTIVIDADES DO 2003


Pechar ventana

 

Febreiro:

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Frebreiro-Maio:

CURSO DE INFORMÁTICA 2003

Marzo:

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE CREATIVA E CORPORAL 2003

Abril-Maio:

II CERTAME LITERARIO CONTO CONTIGO 2003

Maio:

I CONCURSO DE CARRILANAS 2003

Outubro-Xuño 2003/04:

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

A CIBERAULA

Decembro:

ACTIVIDADES DE NADAL 2003


A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior tódolos anos deseña unha programación de actividades dirixida a tódolos públicos aínda que máis relacionada cos diferentes interéses da xuventude. Por este motivo, cada ano plantexa actividades novas que complementan ás actividades fixas que se realizan tódolos anos en función das novas necesidades e demandas que se recollen a través da OMIX.

 

OS NOSOS OBXECTIVOS...

Fomentar a participación cidadá, no plano individual e colectivo, incrementando substantivamente os niveis de información e corresponsabilidade cidadá en cuestións de todo tipo.

Promover e desenvolver actitudes, valores e comportamentos ambientalmente correctos, para fomentar un pensamento e unha ética ecolóxica mediante actividades baseadas en criterios de solidaridade, equidade e xustiza social.

Incentivar o asociacionismo xuvenil

Consolidar alternativas de lecer para ocupar o tempo libre

Recuperar a cultura popular galega e algunhas das súas tradicións, potenciándose as relacións interxeneracionais.

 

OS/AS NOSOS/AS DESTINATARIOS/AS

Os/as destinatarios/as do noso proxecto de actividades 2003 son tódolos e tódalas

cidadáns do Concello de Soutomaior. As idades dos e das participantes nas actividades dependerá do tipo de actividade e do
perfil dos/as participantes requerido, en cada caso.

 

ÁREAS DE TRABALLO

-Medioambiente e natureza

-Novas tecnoloxías: informática

-Turismo Xuvenil

-Asociacionismo e participación cidadá

-Cultura tradicional e popular

-Área de emprego

-Área de formación

-Área de lecer e tempo libre

 

AS NOSAS ACTIVIDADES

INFORMACIÓN XUVENIL: EDICIÓN DE SOPORTES INFORMATIVOS

AXENDA XUVENIL 2003

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior elaborou e publicou unha AXENDA XOVEN 2003, que posteriormente foi distribuída entre tódalas mozas e mozos do Concello.

A axenda foi elaborada cunha dobre finalidade: por unha banda, cumpre a función básica e típica dunha axenda anual pero
tamén adicamos nela un apartado no que informamos, ós e ás súas destinatarios/as, de tódolos servicios que se prestan dende
as administracións para a atención, información e orientación á xuventude en Galicia . Así mesmo, para optimizar este recurso informativo decidimos incluír unhas páxinas nas cales de recollen as actividades realizadas pola Concellería en anos anteriores. Algunhas delas teñen un carácter permanente na nosa programación anual.

En resumo, a axenda pretende ser un recurso informativo e útil para os mozos e mozas do Concello.

 

Axenda xoven

Portada de Axenda Xoven


 
 

EXCURSIÓN A MANZANEDA 2003

 
 

DENOMINACIÓN: Excursión a Manzaneda

DATAS: sábado 8 de febreiro de 2003

PERCORRIDO: Insua-Soutomaior-Arcade-Manzaneda-Castrocaldelas-Arcade-Soutomaior-Insua.

HORAS: de 7:30 A 20:30

OBXECTIVOS:

  • Promocionar o turismo Xuvenil.

  • Impulsar a práctica de deportes de Montaña.

  • Fomentar as relacións interxeneracionais.

PARTICIPANTES:

Nº 500 persoas                          Idades: de 6 a 40 anos
 

 

Excursión a Manzaneda

Excursión a Manzaneda

Excursión a Manzaneda


                                                                                                                                                                       subir


 
 

CURSO DE INFORMÁTICA 2003

 
 


DATAS:

a) Do 1 de abril ata o 27 de maio

b) Do 2 de abril ata o 24 de maio

 


HORAS: 4 á semana

LUGAR:. Concello de Soutomaior

IMPARTE: Ceymfor

OBXECTIVOS:

  • Formar á nosa xuventude no ámbito das novas tecnoloxías

  • Mellorar as posibilidades de emprego da xuventude do Concello

  • Relacionar o ámbito das novas tecnoloxías co mercado laboral

 

CONTIDOS:

  • CURSO A: WINDOWS, WORD. INTERNET

  • CURSO B: ACCESS, EXCEL E INTERNET

PARTICIPANTES

Nº 30 persoas (DOUS GRUPOS)  PERFIL : mulleres e homes do Concello demandantes de emprego
 

 

curso de informática en soutomaior


O Alcalde Agustín Reguera Ocampo fai entrega
dos Diplomas do Curso de Informática

                                                                                                                                                                      subir


 
 

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE CREATIVA E CORPORAL 2003

 
 

DATA: sábado 1 de marzal de 2003

Horas: 10 a 14

LUGAR: Casa da Cultura de Arcade

Imparte: Escola de Tempo Libre Paspallás

OBXECTIVOS:

  • Coñecer distintas técnicas de maquillaxes e caracterización

  • Incentivar a creatividade

 

CONTIDOS:

  • Introducción ao maquillaxe

  • Maquillaxe de mans e pes

  • Maquillaxes de fantasía e corporais

  • Maquillaxes de efectos especiais

  • Utilización de materiais

PARTICIPANTES:

Nº 40 persoas IDADES: 9 a 30 anos
 


                                                                                                                                                                     subir


 
 

II CERTAME LITERARIO CONTO CONTIGO 2003

 
 

DATAS: de febreiro a maio

ENTREGA DE PREMIOS: venres 16 de maio de 17:00 a 20:00

LUGAR: Concello de Soutomaior

MOTIVO: Días das Letras Galegas

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Actuación do Grupo de Teatro da ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Obra: por determinar
 

OBXECTIVOS:

  • Potenciar a creación de novos textos literarios

  • Fomentar a creatividade e imaxinación

  • Coñecer a historia e recursos do noso Concello

 

TEMÁTICA: Libre

PARTICIPANTES:

Nº:30 IDADES:

Categoría A (9 a 14 anos)        Categoría B (15 A 18 anos)           Categoría C (19 en diante)
 


                                                                                                                                                                    subir


 
 

I CONCURSO DE CARRILANAS 2003

 
 

NOME: I Concurso de Carrilanas

DATAS: domingo 11 de maio

PERCORRIDO: Saída dende o pavillón da Montesiña ata o Campo de fútboll de Soutomaior.

HORARIOS:

15:00 Exposición de carrilanas

16:30 1ª Baixada

17:30 2ª Baixada

18: 45 Entrega de Premios

 

OBXECTIVOS:

  • Promocionar a participación social.

  • Recuperar un xogo tradicional

  • Potenciar a imaxinación e a creatividade por medio da construcción da carrilana

  • Potenciar o traballo en equipo

  • Incentivar o asociacionismo xuvenil creando unha rede galega de fomento desta actividade.

  • Potenciar espacios a través dos cales as/os mozas e mozos poidan levar a cabo as súas propias creacións.

  • Fomentar encontros interculturais e interxeneracionais, onde, se poidan mezclar diferentes formas de vida favorecendo ó mesmo tempo a combinación das novas tecnoloxías coas tecnoloxías mais ancestrais.

 

LUGAR: Concello de Soutomaior

DESTINATARIOS: persoas do Concello de Soutomaior e doutros Concellos galegos.
 

IDADES: sen límite de idade (salvando casos específicos)



                                                                                                                                                                           subir
 


 
 

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO
Curso 2003-2004

 
 

DENOMINACIÓN: Escola Municipal de Teatro

DATAS: de outubro a xuño

HORARIO: por confirmar

LUGAR: Casa da Cultura de Arcade

OBXECTIVOS:

  • Fomentar ás relacións entre os e as nenos e nenas do Concello

  • Traballar actitudes, comportamentos e valores a través da expresión coporal.

  • Crear espacios de interacción entre persoas de diferentes idades

 
 

DESTINATARIOS: mozas e mozos do Concello de Soutomaior maiores de 14 anos.

PRAZAS: 20

Comeza: o día 25 de outubro
  Horario: sábados de 9:30 a 11:30 horas
  Lugar: Casa da Cultura de Arcade.
  Información: na OMIX
 

 

escola municipal de teatro

Os componentes do Grupo de Teatro


                                                                                                                                                                     subir

 


 
 

A CIBERAULA

 
 

DENOMINACIÓN: A Ciberaula

Programa de Educación Ambiental

Consellería de Medioambiente

OBXECTIVOS:

  • Promove-la cultura ambiental por medio dunha actividade directa de difusión ambiental

  • Proporcionarlles ós colectivos interesados información relevante, actualizada e adaptada ós/ás diversos destinatarios/as.

  • Promove-las reflexión e o deate sobre os principais problemas medioambientais, incitando a adquisición de boas pautas de conducta ambiental tanto no plano individual como no colectivo

  • Formar e informa-los/as distintos interlocutores sociais, económicos e das administracións públicas sobre os obxectivos da política comunitaria de medio ambiente e sobre as súas responsabilidades e posibilidades e posibles contribucións con respecto a ela.

 

CONTIDOS:

  • Educación ambiental:

  • Reciclaxe, reutilización,...

  • Educación Vial

  • Novas tecnoloxías

  • O contorno de Galicia

 

RECURSOS:

Recursos Humáns:

Monitores Titulados especializados en Medio Ambiente.

Recursos Materiales

  • Bandexas de plástico

  • Maquetas de zapateiros

  • Fichas do ciclo dos animais máis representativos da zona.

  • Panel de eutrofización

  • Modelo de xerador mini hidráulico

  • Fichas para cada grupo de contaminante/actividade

  • Maqueta de erosión

  • Caixón de madeira para a simulación de acumulación de áridos nas presas.

  • Proxector de diapositivas

  • Maqueta de dispositivas

  • Maqueta de exposición permanente

  • Directorio sobre lugares de interés da Administración en caso de detención de agresións dos ríos.




                                                                                                                                                                           subir
 


 
 

ACTIVIDADES DE NADAL

 
 


ORGANIZA:

Concellería de Xuventude, Medioambente e Sanidade
Concello de Soutomaior

INFÓRMATE: OMIX

R/ Illas Alvedosas, núm. 3 entresolo
36690 Concello de Soutomaior
Teléfono/Fax : 986 700822
Correo electrónico: omix@soutomaior.com
Web: www.soutomaior.es
 



                                                                                                                                                                          subir


 
 

ANEXO ACTIVIDADE 1

 
 


DENOMINACIÓN:
OBRADOIRO: Uso e aproveitamento das plantas


OBXECTIVOS XERAIS:
Mostrar cómo moitos vexetais foron empregados para usos medicinais e outros serviron para ornamenta-las teas e madeiras: as tinguiduras.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Aprender a fabricar tinguiduras con vexetais comúns e a preparar alcohois de uso medicinal, aceites e vinagres aromáticos

MATERIAIS EMPREGADOS:

  • Aceite de oliva

  • Vinagre

  • Alcohol

  • Plantas medicinais e aromáticas e extractos destas: romeiro, tomiño, nébeda, loureiro, ourego, allo, menta, etc.

  • Plantas para tinguiduras: col lombarda, cebola, té, etc.

  • Recipientes de vidro

  • Unha ola ou tarteira

  • Cociña

  • Fíos ou cordeis

  • Teas e panos para as tinturas

  • Luvas de goma

  • Panos e material de limpeza

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE: A actividade desenvólvese en dúas partes, cada unha cunha finalidade distinta.

1ª- Obtención de tinguiduras das distintas plantas, e a tintura dun pano coas tinguiduras obtidas.

2ª- Preparación de alcohois de uso medicinal, de aceites e vinagres aromáticos.

A actividade comeza cunha explicación dos procesos que se van levar a cabo e os usos das distintas especies vexetais das que se dispón. Así mesmo, estudiaranse outros usos e outras plantas que, pola súa complexidade, non se poden realizar
na aula.

Ó rematar a actividade, todos os participantes levarán un pano tinxido por eles mesmos, alcohol, vinagre ou aceite (á súa elección).

Así mesmo levarán o material didáctico cós usos principais das plantas máis coñecidas. Tamén se levarán curiosidades de moitas plantas e outros consellos.

LUGAR: casa da cultura de Arcade

DÍA E HORA: sábado 20 de decembro de 2003

COLABORA:

Consellería de Medioambente

Xunta de Galicia
 



                                                                                                                                                                     subir
 


 
 

ANEXO ACTIVIDADE 2

 
 


DENOMINACIÓN: Debuxa o Nadal

II CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE do Concello de Soutomaior convoca o II CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL con motivo da celebración destas festas para que así poidamos entre tod@s plasmar as nosas ideas sobre elas compartindo diferentes visións e expresando de maneira artística o que estas datas significan.

BASES

A temática será o Nadal en Soutomaior

No caso de que a postal teña texto, este deberá estar escrito en galego

Poderán participar neste concurso persoas deste e doutros Concellos

Estableceranse cinco categorías en función das idades dos/as participantes:

Categoría A: idades de 0 a 4 anos
Categoría B: idades de 5 a 9 anos
Categoría C: idades de 10 a 14 anos
Categoría D: idades de 15 a 18 anos
Categoría E: de 18 anos en diante

Cada persoa presentará unha única postal, que deberá ser inédita.

O tamaño das postais será DIN-A4, o soporte libre e a técnica libres, debendo reunir o deseño uns mínimos.

As postais deberán entregarse dentro dun sobre pechado. No interior introducirase un folio cos seguintes datos persoais do/a autor/a:

NOME E APELIDOS
IDADE E CATEGORÍA
LUGAR DE RESIDENCIA
TELÉFONO DE CONTACTO

As postais entregaranse en:

Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Soutomaior
R/ Illas Alvedosas, núm. 3 entresolo
36690 Concello de Soutomaior
Teléfono/Fax: 986 700 822
e-mail: omix@soutomaior.com

NOTA: os colexios poderán reunir tódalas postais e envialas todas xuntas nun mesmo sobre sempre e cando se especifiquen ben os datos dos/as autores/as.

O prazo de presentación das postais REMATARÁ O 19 DE DECEMBRO ÁS 20:00 HORAS.

Os premios serán os seguintes:

Premiaranse tres postais por categoría:

Categoría A

1º Premio: Lote de libros + lote deportivo valorado en 50 €

2º Premio: Lote de Nadal

3º Premio: Lote de Nadal

Categoría B

1º Premio: Lote de libros + lote deportivo valorado en 50 €

2º Premio: Lote de libros

3º Premio: Lote de libros

Categoría C

1º Premio: Lote de libros + lote de Nadal

2º Premio: Lote de Nadal

3º Premio: Lote de Nadal

Categoría D

1º Premio: Cesta de Nadal + Lote deportivo valorado en 50 €

Categoría E

1º Premio: cena + lote deportivo valorado en 50 €

2º Premio: lote de libros + lote de Nadal

3º Premio: lote de libros + lote de Nadal

NOME DOS PREMIADOS/AS

Categoría A

1º Premio: Nerea Rodríguez González

2º Premio: Diego Martínez Orge

3º Premio: Damián Lourido Santiago

Categoría B

1º Premio: Alejandro Rial Lorenzo

2º Premio: Carla Vázquez Santos

3º Premio: Daniel Rodríguez Peón

Categoría C

1º Premio: Carlos Acuña Rubianes

2º Premio: Arantxa Esperón Rivera

3º Premio: Tamara Villamar Torres

Categoría D

1º Premio: Yasmina Rubianes

Categoría E

1º Premio: Mª Jesús Vidal Rey

2º Premio: Monserrat Rubianes Míguez

3º Premio: José Angel Pérez Outón

 

Concurso de postais de nadal

Concurso de postais de nadal

 

ORGANIZA: Concellería de Xuventude

Concello de Soutomaior

COLABORA: Concellería de Deportes

Concello de Soutomaior
 


                                                                                                                                                                     subir


 
 

ANEXO ACTIVIDADE 3

 
 


DENOMINACIÓN: Proxecto de Reciclaxe

Crea e recicla aplicando os tres “R”

1. Introducción

De seguro que todos nós, algunha vez nos detivemos a pensar na cantidade de lixo que xeramos diariamente nas nosas casas e no noso entorno. Diariamente prodúcense toneladas de lixo, co que non sabemos que facer sendo, o habitual, mete-lo nunha bolsa e tira-lo pola noite no contedor que este máis preto da nosa casa.

Pero, ¿logo que pasa? A maior parte do noso lixo quéimase ou entérrase.

Se vai a queimar, o lixo lévase á incineradora pero o máis probable é que vaia a parar a un vertedoiro controlado que nun futuro acabará converténdose nun parque.

Na actualidade os vertedoiros empezan a ser un problema porque cada vez están máis cheos e xa non cabe o lixo neles. Ademais, estes espacios poderían empregarse para outros fins como: parques, escolas, ... ou espacios ó aire libre para
ser disfrutados por todos e todas nós. Outro inconvinte é que os vertedoiros poden ser perxudiciais para a saúde porque cando chove a auga mestúrase co lixo e forma un caldo tóxico que pode filtrarse na terra, penetrando esta auga ata a
auga que bebemos. E, se optamos por queimar o lixo atoparémonos co problema de almacenar ou enterrar as cinzas, que tamén son tóxicas para a nosa saúde.

As solucións son complicadas á hora de enterra-lo lixo en vertedoiros ou queima-lo en incineradoras por iso hai que buscar alternativas que nos axuden a controlar os residuos entre todos/as.

Existe unha solución ó problema denominada os TRES ERRES:

  • Reducir

Existen outras alternativas como reduci-lo lixo mercando menos cousas que despois se poden tirar cando nos cansamos delas e, en vez de tira-las podemos reutiliza-las ou darllas a alguén. Significa tirar menos cousas.

  • Reutilizar

Supoñamos que en lugar de tirar cousas como botes e botellas, levámosllas a alguén que poida convertelas outra vez en productos reutilizables pois entón estaríamos reutilizando. Isto significa gardar e volver a utiliza-las cousas que normalmente se tirarían.

  • Reciclar

Reciclar significa converter unha cousa vella en outra nova. Así como conseguir algo gratis. Non botar cousas ó lixo e darlle unha nova utilidade é unha proveitosa forma de axudar á saúde do planeta. Conseguimos así: aforrar recursos naturais, aforrar enerxías, producir menos contaminación, protexer ós animais e axudar a nosa comunidade porque o lixo
é moi caro.

A Concellería de Xuventude e Medioambente do Concello de Soutomaior propón para este Nadal un obradoiro de manualidades para a elaboración dun belén. A actividade baseada no principio das tres erres do reciclaxe permitirá traballar contidos relacionados coa conservación do noso medio ambiente e da importancia que teñen os residuos para conseguir este obxectivo. Todos os materiais empregados procederán dos residuos que habitualmente xeramos nas nosas casas e entorno.

2. Obxectivos

O obxectivo principal é o de concienciar da gran cantidade de lixo que consumimos diariamente dándolle máis valor ós residuos. Convencidos de que temos que educar promovendo unha cultura que respecte ó medio ambiente fronte á cultura do “usar e tirar”

 

PARTICIPACIÓN

RECICLAR

Potenciar a creatividade

Reducir a cantidade de residuos

Animar

Educar en valores

Reutilizar o lixo doméstico

Concienciar á poboación

Traballar en equipo

Implicar a diferentes grupos de idades

Incentivar a imaxinación

Comunicar os beneficios

Crear

Loitar a favor do ambiente

Ilusionar

Aforrar recursos naturais

Promover conductas solidarias

Reutilizar recursos non renovables

Adquirir e desenvolver destrezas manuais

 

Compartir

 

Implicar

 

Optimizar

Non contaminar

 


 
 
 3. Metodoloxía

Participativa e dinámica. Estableceremos grupos de traballo. O elemento identificador de cada grupo será o material de reciclaxe co que se vaia a traballar para crear unha figura confeccionada para o belén. O obradoiro constará de dúas tarefas diferenciadas:

  • Creación e elaboración das figuras ou elementos do Belén

  • Composición e recreación do espacio para ubicalo

O belén configurarase mediante dous espacios : un principal instalado nunha parede, na cal se representarán, en relevo,
as figuras principais do pesebre e, outro no que se representarán o resto dos elementos a tamaño real.

Os número de grupos dependerá tamén do número de participantes, contando cunha monitora para cada grupo. As tarefas distribuiranse en función dos interéses e idades das persoas.

Ó comezo de cada xornada farase un breve resumo do traballo realizado o día anterior expoñendo, a continuación, o que está planificado para ese día.

O proceso de elaboración do belén está aberto a novas suxerencias, quedando sempre a disposición da imaxinación e creatividade dos/as participantes, das monitoras, etc, intentado crear un espacio no que se compartan experiencias, coñecementos e ilusións.

Empregaremos lixo doméstico e residuos urbanos, involucrando na recompilación do material os/as persoas que participen no obradoiro, sendo eles e elas quenes deban aportalos. Tamén colaborarán na clasificación e organización do mesmo.

4. Destinatarios/as

Poderán participar e implicarse neste proxecto todas as persoas do Concello maiores de 10 anos (no caso de ter unha idade inferior deberán vir acompañados/as dun/ha adulto/a).

Interésanos motivar a persoas de diferentes idades porque isto é moi enriquecedor ó mesturarse diferentes puntos de
vista e formas de vida.

O número de destinatarios/as non será maior de trinta diariamente, intentando que haxa unha continuidade na súa participación.

5. Recursos:

Humanos:

  • Unha coordinadora

  • Unha monitora en prácticas (estudiante de 2º curso de Educación Social)

  • Unha voluntaria

Materiais:

Lixo doméstico

  • Papel e cartón: Periódicos, revistas, folletos, catálogos, mostrarios, papel de impresora, papeis de caramelos, de bombóns, de galletas, cartón dos rolos de cociña acabados, cartón dos rolos de papel hixiénico, todo tipo de
    envases e embalaxes de cartón de diferentes tamaños, formas e texturas e grosores, oveiras, cartóns de bebidas, cartóns de deterxente, de cereais, etc.

  • Vidro: Envases de varios tamaños: botellas de auga, refrescos, leite, iogures, limpeza, etc.

  • Plástico: Bolsas de todo tipo, botellas de leite, zumes, iogures, refrescos, auga, aceite, lexía; deterxente, cinzas, bandexas, pratos, vasos, tapóns, mallas de froitas, botóns, etc.

  • Tecidos: Roupa de vestir, medias, chapeos, chaquetas, telas, cintas, sábenas, fíos, cordas.

  • Materia orgánica: Cáscara de noces, abelás, pebidas, etc. Plumas, pan duro, sal gorda, cunchas, caparazóns, piñas, areas, cañas, etc.

  • Metais: Latas de conserva, chapas, tapas de tarros, arames, botóns, anelas de latas (cana de pescar), etc.

Material mercado

  • Para Pegar: Pegamento de barra e cola branca.

  • Para unir:Cinta adhesiva, cinta de embalar, cordas, cordóns, lanas, fíos, cables. Grampadoras.

  • Para cortar: Tesoiras, cutter.

  • Para perforar: Cravos e punzón.

  • Para pintar: Rotuladores, de diferentes puntas e grosores, pinceis, pintura, ceras brandas
    e duras, témperas, xiz de cores (musgo e terra).

6. Cronograma:

Mes de decembro: dende o día 2 ata o día23

 

Días

Martes

Mércores

Xoves

Venres

Horario

Semanas

         

1ª semana

2

3

4

5

16,30 a 19,00

2ª semana

9

10

11

12

16,30 a 19,00

3ª semana

16

17

18

19

16,30 a 19,00

4ª semana

23

     

16,30 a 19,00

 

Lugar:

Casa da Cultura de Arcade

Nota: está previsto que a duración máxima sexa de 12 días

 

7. Avaliación: O proceso de avaliación será continuo:

  • Inicial: ó comezo de cada xornada

  • Durante: a través de notas de campo, consultas, observación.

  • Final: a través dun cuestionario e dunha reunión.

 



                                                                                                                                                                     subir


Parroquias - Localización - Mapas - O Castelo - Axenda - Galería Fotográfica - Mapa Web - Aviso Legal

© 2006 Concello de Soutomaior
Rúa Alexandre Bóveda, 8 36691 - Soutomaior Pontevedra
Webmaster: LYC Servicios Informáticos