Este Clube fundado no ano 1989 dedica principalmente as súas actividades á
formación de deportistas de base nas
modalidades de Vela lixeira e Esquí
Náutico e pesca de recreo para o que
conta con un cualificado plantel de
monitores federados. No período
estival e durante o mes de Xullo
colabora co Concello de Soutomaior
na programación e posta en marcha
das Escolas de estes deportes nas
chamadas "Actividades de Verán".Ó
longo do ano desenrolase unha
variada oferta de actividades
lúdicas e de formación como son as
Escolas de Pesca para nenos na que o
respeto ó medio natural, o
conocemento do entorno e o
aprendizaxe son o eixe fundamental
da actividade.
Concursos de Pesca: O
clube conta con catro equipos de
pesca de Río, Embarcado e de
Mar-Costa, que toman parte nos
Campionatos Provinciais, Autonómicos
e Nacionais de estas modalidades.
Os concursos sociais de pesca teñen
lugar nos meses de Xullo, Agosto e
Setembro, celebrándose en Outubro a
tradicional CENA FIN DE TEMPORADA e
entrega de Premios ós deportistas en
cada modalidade.
O Clube veu cubrindo e
conquistando distintos logros
durante estes anos, posiblemente un
dos máis importantes son as
Instalación flotantes (pantalanes)
que deron cabida á forte demanda de
amarres de embarcacións deportivas
que superan actualmente as 90,
estando pendentes tan só de acometer
a última fase de execución.
A actual Directiva que preside D.
Adolfo Seoane ten como obxetivo
inmediato e por tanto como reto máis
importante conseguir dotar ó Clube
dun Salón Social que permita
desenvolver actividades como: Clases
de Pintura, Informática,
Manualidades, Cursos de formación
náutica, ó tempo que servirá de
lugar de reunión para todos os seus
asociados e amigos.
Domicilio: Muelle Laforet
S/N
Lugar: Arcade 36690
Teléfono: 627.900.571
E-mail:
nauticoarcade@hotmail.com
Principais Actividades:
VELA LIXEIRA
ESQUÍ NÁUTICO
PESCA DEPORTIVA DE COSTA E EMBARCADO
CANOAS DE PASEO: excursións...
CURSOS DE P.N.B. E P.E.R.
|