|
|
|
Historia
do Concello |
|
| |
O TERMO
MUNICIPAL (DATOS XEOGRÁFICOS) |
 |
Concello de Soutomaior está
situado ó oeste de Galicia, e ó
suroeste da provincia de Pontevedra,
da que administrativamente forma
parte. Limita polo norte, cos concellos de Pontevedra e Ponte
Caldelas; polo leste, cos de
Ponte Caldelas, e o de Fornelos de
Montes; polo sur, cos de Pazos de
Borbén e Redondela; e polo oeste,
coa ría de Vigo.A súa situación
xeográfica é: latitude, 42° 19'7,
Norte; e a lonxitude de 8° 34',
Oeste; sendo a súa altitude de 83
metros, sobre o nivel do mar.
O código xeográfico de Soutomaior,
é o 36520; o do INE, o 36053; e as
follas do mapa topográfico nacional
a escala 1/50.000, onde aparece
debuxado, son as número: 185 e 223.
Os seus ríos son o Verdugo e o
Oitavén, procedentes os dous da
Serra do Suido, que se unen na "Ponte
Colgante", e desembocan na ría de
Vigo.
As maiores elevacións son a de
Monzón, 479 metros; Redondiñas, 471;
Couto Agudo, 409; e, Peneda, 334.
|
| |
O TERMO
MUNICIPAL NO ANTIGO RÉXIME |
o antigo réxime o que hoxe
coñecemos como Concello de
Soutomaior, tiña as parroquias que o
compuxeron no ano 1836, antes da
separación de Fornelos, todas na
xurisdicción de Soutomaior, agás a
de Arcade, que era un couto redondo,
pertencendo as dúas á provincia de
Tu¡, coa seguinte distribución e
dependencias.
|
Xurisdiccións |
Parroquias |
Señorío |
|
Soutomaior |
Soutomaior (Vila) |
S.S. e
X.O. polo Duque de
Soutomaior. |
|
id. |
Calvos |
id. |
|
id. |
Estacas |
id. |
|
id. |
Fornelos |
id. |
|
id. |
Laxe |
id. |
|
id. |
Traspielas |
id. |
|
Arcade
C.R. |
Arcade |
Ab. e
X.O. polo
Rvdo. arcebispo de
Santiago. |
|

|
| |
OS PRIMEIROS
CONCELLOS CONSTITUCIONAIS |
|
esta etapa do primeiro
tercio do século XIX, no que hoxe é
concello de Soutomaior e o seu
distrito, houbo dous Concellos
constitucionais: o de Arcade e o de
Soutomaior, os dous pertencentes ó
partido xudicial de Redondela, e que
figuran como tales nos repartimentos
que fai a deputación de Galicia,
entón única, entre os Concellos para
distribuirlles a quinta e a
contribución territorial e de
consumos, nas datas que a seguir se
expresan:
|
Concellos |
7-7-1821
Homes |
13-9-1821
Rs.
Ms. |
2-10-1821
Rs. Ms. |
|
Arcade |
1 |
4.579, 07 |
3.935, 26 |
|
Soutomaior |
5 1/2 |
23.697, 12 |
14.175, 06 |
s Concellos ditos de Soutomaior
e Arcade seguen figurando polo
partido xudicial de Redondela, cando
a comenzos do 1822 se fai a división
de Galicia en catro provincias,
pasando entón a efectos de
tributación a depender da nova
provincia e deputación de Vigo, quen
fai un repartimento entre os
Concellos do seu orzamento de gastos
o 20 de outubro de 1822, no que
figura ademais a poboación, e que
para os Concellos ditos é a
seguinte:
|
Concellos |
Rs. Ms. |
Poboación.
Almas |
|
Arcade |
701,08 |
935 |
|
Soutomaior |
2.589, 25 |
3.453 |
|
| |
A
DIVISIÓN MUNICIPAL DO R.D. DE
23 DE XULLO DE 1835 |
|
proposta feita polos comisionados
do Gobernador Civil no partido
xudicial de Redondela, para facer
realidade o R.D. de 23 de xullo de
1835, e que ten a data do 7 de
outubro de 1835, propón catro
Concellos para o partido xudicial de
Redondela, entre os que se atopa
o de Soutomaior, con sete
parroquias.
Esta proposta foi aceptada polo
deputado do partido no seu informe á deputación do 10 de xullo de 1836,
pedindo fose aprobada a división do
partido nos catro Concellos, coas
capitais e lindeiros, que
acertadamente propuxo a comisión.
Tamén foi aprobada logo pola
comisión correspondente, e con
suxección á primeira proposta.
Esta proposta forma parte da nova
planta dos Concellos constitucionais
da provincia, que en canto ó partido
xudicial de Redondela publicouse
no BOPPO, número 97 do 3 de decembro
de 1836, e nela figura o Concello de
Soutomaior, da forma literal
seguinte.
|
Nombres de
los Ayuntamientos
y Parroquias
de que se componen |
Núm. de
vecinos |
Idem de
almas |
Electores
parroquiales
que
corresponden |
|
Sotomayor, san Salvador
(Capital) |
446 |
1780 |
3 |
|
Calbos,
san Adrián |
168 |
441 |
3 |
|
Traspielas, santa María |
59 |
171 |
2 |
|
Estacas, santa María |
65 |
300 |
2 |
|
Fomelos,
san Lorenzo |
340 |
1116 |
3 |
|
Lage,
san José |
48 |
217 |
|
|
|
|
|
2 |
|
Arcade,
Santiago |
99 |
500 |
|
|
|
1225 |
4525 |
15 |
|
| |
AS VARIACIÓNS
QUE SE PRODUXERON DESPOIS |
7 de decembro de 1842, os veciños
da parroquia de Frnelos, demandan a
segregación de Soutomaior e forman
eles Concello propio.
Na sesión do Concello de Soutomaior
en decembro do ano 1847, acordan
trasladar a capitalidade do concello
a Fornelos de Montes, onde
permanecerá o Concello ata o 13 de
agosto de 1854, en que volve a
Soutomaior, sen que chegue a
plantexarse o cambio de nome.
Polo concello de Soutomaior, e
estudiada unha solicitude de
segregación, o 18 de xuño de 1869,
das parroquias de Calvos, Traspielas,
Fornelos, Estacas e Laxe, con
arreglo á lei local vixente, sendo
aprobada polo dito concello o 26 de xullo de 1869, e a deputación
provincial, da que se da conta desta
petición, na sesión do 28 de xullo,
acorda crear un novo Concello coa
denominación de Fornelos de Montes.
Remitido o expediente, volve para
consignar nel determinados datos, e
sendo aprobada a creación do mesmo
na sesión do 27 de abril de 1870,
acordando o establecemento deste
Concello que tivo lugar o 10 de maio
de 1870. Desta forma queda
constituido o novo Concello de
Fornelos de Montes, unido a
Soutomaior durante 34 anos, e coa
sua perda polo Concello de
Soutomaior, que perde tamén 77.3
Kms2 do seu territorio.
No ano 1853, os veciños da parroquia
do Viso, Santa María, interesan ser
segregados do Concello de Redondela
ó que pertencían e pertencen, para
ser engadidos o Concello de
Soutomaior. E se ben esta petición
non foi para adiante, tampoco o foi
o acordo do 4 de marzo de 1868, da
deputación sobre reducción de
Concellos, no que Soutomaior
constituía un novo Concello co de
Pazos de Borbén. Na revolución do
1868 foi suprimido Soutomaior pola
Xunta de Redondela, e incorporada a
mesma por moi pouco tempo, pois
deseguida todo voltou a como estaba
antes.
|
|
ORIXE DO APELIDO
SOUTOMAIOR.
O apelido Soutomaior procede
dos Saavedra,
orixinarios da provincia de Lugo, e
remóntase ó século VIII. A súa filiación comeza
con Paio Méndez de Soutomaior, presente na batalla das
Navas (ano 1212), fillo ou
neto de Men Páez Sorred. |
|
|
O CASTELO DE CASTRIZÁN (
"A PENEDA")

Antigamente
ocupou este lugar o chamado castelo de Castrizán,
que mandara construir o arcebispo de Santiago, D.
Alonso de Fonseca e
Ulloa, no ano 1477, para
controlar ó de Soutomaior, aproveitando o cautiverio
de Pedro Madruga en Castela. (Ó seu regreso,
apoderouse da fortaleza e destruíuna).
A capela na actualidade está rodeada dun muro
granítico de contención de terras con dúas entradas:
unha polo norte e outra polo sur. No resto da
superficie ó aire libre hai un esbelto cruceiro e unha
extensa arboreda.
Dende este lugar gózase de amplos horizontes que
abarcan a ría de Vigo e o famoso val do río Verdugo.
É tamén un magnífico enclave para contemplar o Castelo de Soutomaior.
|
|
subir
|
|
 |
|
|