|
festa que
máis identifica a este municipio de Soutomaior é a
Festa da Ostra, que se
celebra na parroquia de Arcade o primeiro fin de
semana do mes de abril.
Nesta pódense
degustar os saborosos moluscos que se crían nas
marxes da ría de Vigo. O fitoplactón do fondo da
mesma é un factor importantísimo á hora de dotalos
dun sabor exquisito que os fai inconfundibles, sendo
moi nutritivos pola súa riqueza en sais minerais e
vitaminas.
<<A ostra é un manxar esencial para abrir unha
mariscada.Ten un sabor espiritual, que é como unha
añoranza do mar>>.
Así describe este producto un dos nosos máis famosos
escritores, Álvaro Cunqueiro.
ostra de Arcade é sen dúbida, a máis cotizada do
mercado e a pioneira en comercializarse e exportarse
fora de Galicia. É de variedade ostrea edulis e se
lle recoñece un sabor ligado ás augas nas que se
cría, a desembocadura do río Verdugo. Se ben se
recomenda o seu consumo en todolos meses, a mellor
época para degustalo é abril.
 primeira Festa da Ostra organizouse no ano 1987. A
idea partiu dos ostricultores da zona que
consideraron como idónea a vila de Arcade para esta
celebración, xa que foron os pioneiros no consumo,
comercialización e exportación de este molusco, non
só a outras partes de España, senon tamén de Europa.
A idea nace coa intención de potenciar o consumo da
ostra, xa que ten un importante papel na economía da
vila, e de esta forma proxectar a imaxe de Arcade
como punto de referencia na producción e
comercialización da mesma.
Así, ostricultores, hosteleiros e comerciantes
colaboran co concello para a celebración da festa,
que hoxe está considerada como unha das grandes da
gastronomía galega.
Non é unha casualidade que se escollera o primeiro
fin de semana de abril como data para a celebración, xa que
en esta época é cando a ostra está nas mellores
condicións biolóxicas para a súa degustación.
Ó atractivo que xa ten a ostra, únese nestes días de
festa outros actos musicais, culturais, teatrais,
etc... que fan que Arcade rebose de animación e
alegría.
Tampouco falla o pregón, que cada ano pola mañá
inicia as festas.
Esta tradición gastronómica do cultivo da ostra data xa no tempo dos romanos. Por Arcade pasaba a Vía
Romana que procedente de Redondela, ia a Pontevedra
e Santiago. Moitos eran os que se detiñan a degustar
as ostras. Fai
moitos séculos, preparábanse as ostras fritas, que
se facían en escabeche e enviábanse en pequenos
barrís de madeira á corte madrileña; de apreciado
consumo para Austrias e Borbóns. Aínda que hoxe en
día, o máis común é comelas ó natural con limón.
Tamén se lle atribúe un valor afrodisíaco e dise
que con elas Casanova recuperábase dos excesos
amorosos.
Os gregos comían polvo de concha de ostra en
momentos de decadencia sexual, e en Atenas votaban
escribindo na concha do molusco o nome do político
que querían apartar do goberno, e o máis votado era
condeado ó ostracismo (100 anos de desterro).
| |
Cultivo da
ostra |
| |
Cada vez hai menos bancos naturais de ostras nos
fondos das rías galegas. O habitual é que hoxe se
cultiven en viveiros aproveitando as bateas ou
plataformas de cultivo. As ostras
inmaduras, tamén chamadas “sementes de ostras”,
colócanse en cestos redondos, unhas encima de outras,
e se sumerxen na auga ata a súa recolleita, unha
operación que necesita en total de dous ou tres anos
de espera ata que a ostra adulta alcanza o tamaño
comercial
(6 - 7 centimetros).
|
| |
Variedade |
| |
A maioría de ostras cultivadas en Galicia
corresponden coa variedade plana (ostrea edulis), a
máis común ou europea que tamén se atopa nas costas
atlánticas, dende Noruega ata o sur de Marruecos, e
nas costas mediterráneas, dende Gibraltar e a Costa
Azul francesa ata o mar Negro. Aparte de esta
variedade, nos últimos anos xeneralizouse a ostra
cóncava (crassostrea), e entre as de esta especie, a
xaponesa, de apariencia arrugada e tamaño máis
grande. En menor medida tamén se introduciu a veciña
ostra portuguesa u ostión, de valvas máis grandes e
forma alargada e estreita, asi como ostras de orixe
grego e turco. A variedade belon, procedente da
poboación bretona Riec-sur-Belon, é considerada a de
maior calidade e se clasifica según o seu peso.
|
| |
Conservación |
| |
Teñense que mercar sempre pechadas, xa que é un
indicativo da súa frescura. Unha vez adquiridas
conven colocalas coa parte da concha cóncava apoiada
na bandexa ou recipiente ata o momento de abrilas
para que non perdan auga. É convinte, ademais, rodealas cun trapo húmido e mantelas nunha
temperatura entre 2 e 8 grados, por exemplo, no caixón das verduras do frigorífico. O interior da
ostra debe estar cuberto de auga e é convinte
descartar as que estén secas.
|
| |
Preparación |
| |
No momento de consumilas hai que abrilas cun coitelo
especial corto e ancho. Recoméndase abrilas polo
lateral e ainda que os expertos recomendan comelas
crudas para que non perdan sabor, é habitual
votarlles unhas gotas de limón. Tamén poden
cociñarse, añadindoas a guisos ou sopas, cubrindoas
con salsas cremosas ou pódense preparar ó gratén ou
ó vapor aderezadas con aliños asiáticos. Fora da súa
concha, tamén se poden freir en abundante aceite e
pocharse. En Galicia, ademais de crúas, prepáranse
tamén rebozadas en fariña de millo e fritas ou
escabechadas.

(Fotografía "ostras ó natural")
Receta cedida por:
Manuel Luís Martínez Diz |
Ostras ó viño albariño
Para 4 persoas.
24 ostras
1 limón
viño albariño
1 folla de laurel
Aceite de oliva
Sal e pementa
TomilloVer modo de preparación
en formato PDF pulsando
aquí.
|

Receta cedida por:
Manuel Luís Martínez Diz
|
Ostras de Arcade con frutos do campo
Para 4 persoas.
24 ostras
2 mazás
200 gr. setas
Pemento vermello e verde
Cebolas tenras
Allo
Un chorro de viño albariño
Un chorro de brandy
1 bote de nata peq.
2 cucharadas de mantequilla
Tomillo, sal e pementaVer modo de preparación
en formato PDF pulsando
aquí.
|
* Nota:
Para poder visualizar os arquivos en
PDF deberá ter instalado o
Adobe Reader. Se desexa descargalo
pode facelo dende
aquí.
|
| |
Outras festas |
| |
De gran tradición é tamén a romería que se celebra
dúas veces ó ano no santuario da Virxe da Peneda. O
luns de Pascua e o día 5 de Agosto. Alí acuden os
romeiros para cumprir a súas promesas, algúns
incluso de xeonllos. Tamén é moi concorrida a que se
celebra en honor a San Caetano, o día 7 de Agosto,
na capela existente dentro do recinto do castelo. O
día 6 de Agosto é o día de San Salvador, patrón de Soutomaior.
Celébrase unha misa acompañada dunha tradicional
procesión na que o pobo sae con todas as imaxes dos
santos, arredor do recinto da igrexa parroquial.
Arcade, pola súa parte, celebra esta festa o día 25
de Xullo, día de Santiago Apóstol, patrón de esta
localidade. As festas eclesiásticas complétanse
durante a Semana Santa co "Desencravo" en Soutomaior
(Venres Santo) e unha procesión en Arcade.
|
|