Voltar ó Inicio Inicio           Ver Soutomaior en Galego Galego    Ver Soutomaior en Castellano Castellano     Ver mapa Web de www.soutomaior.com Mapa Web     Contacto co Concello Contacto      Data e hora

 

Turismo

Parroquias

Localización

Rueiro de Arcade

Historia

Lugares de Interese

O Castelo

Xardíns do Castelo

Gastronomía

Festa da Ostra

Galería Fotográfica

Fotografías 360º

O Concello

Alcalde

Corporación

Taboleiro

Bandos

Anuncios

Servizos Municipais

Recursos (axenda)

Muller (CIM)

Asoc. Culturais

Biblioteca

Asoc. Deportivas

Xuventude (OMIX)

Servizos Sociais

Descarga de impresos

Urbanismo

Augas e saneamento

Padrón de habitantes

Rexistros

Modelos e solicitudes

Normativa Municipal

Ordenanzas

Regulamentos

Contratacións

Perfil do Contratante

Accesos directos a...

Emprego (OMIX)

  Educación  

 

A concellería

 

Programas e actividades

Axudas e subvencións

Bandos municipais sobre educación

 

Contacto, suxestións e queixas

 

Galería fotos




A CONCELLERÍA

 
Concelleira: Fátima Vidal

A Concellería de Educación do Concello de Soutomaior ten como obxectivos prioritarios intentar acadar a mellora da calidade do ensino e favorecer o acceso á formación en igualdade de oportunidades no Concello de Soutomaior.
Para conseguilo a Concellería traballa en dous campos principais; por unha banda, leva a cabo unha política de mellora da calidade de infraestruturas e mantemento dos centros públicos municipais a través do contacto con estes centros durante as reunións do Consello Escolar e coa ANPA; e por outra banda, a través da oferta dunha serie de programas e actividades educativas que axudan a completar e consolidar a formación dos/as escolares e das súas familias. Deste esta Concellería encargámonos da: planificación educativa en colaboración con outras Concellerías, xestión de infraestruturas educativas, formación e promoción no ámbito educativo, educación non regulada a través de actividades lúdicas e formativas, etc.


De aí que a Concellería se centre en:
 
-         detectar e avaliar as necesidades do noso municipio en materia educativa a través de reunións con todos os axentes educativos
-         participar no deseño da rede de centros para atender as súas necesidades máis importantes tendo en conta o crecemento demográfico e as novas demandas sociais; e, colaborar na mellora das instalacións educativas e na provisión de novos espazos
-         xestionar e mediar co resto de Administracións con competencias en educación para facilitar o acceso a recursos, infraestructuras, etc.
-         planificar e poñer en marcha programas educativos municipais que complementen a oferta educativa formal do municipio, como por exemplo: programas de participación e conciliación (escola de pais e nais, tecnocamp,…), educación medioambiental (coñece o teu municipio combinando o lúdico e o formativo e a educación en valores, absentismo (plan de prevención do absentismo escolar coordinado cos centros), innovación educativa (liña 1 - colaborando na formación do profesorado, ex. curso de robótica para profesores/as; liña 2 – aplicación de tecnoloxías e robótica á formación do alumnado, ex. Curso de programación e robótica, curso de scratch, escola de talentos,…)
-         colaboración interdepartamental con outras Concellerías (exemplo: xuventude e formación) para optimizar recursos, mellorar servizos e combinar a prestación de servizos educativos coa formación dunha cidadanía participativa e cada vez mellor formada.
 
Todos estes obxectivos contribúen a avanzar: ir máis deprisa que os outros ou ir polo bo camiño…. Quedámonos coa segunda pois son os pequenos logros e os esforzos de cada día os que trazan unha boa folla de ruta mediante a cal perseguimos todas as melloras educativas e socias que Soutomaior se merece.

 

 

Ubicación e contacto

Educación Soutomaior
(Multiusos de Arcade)
r/ Peirao 8 Arcade 36690. Pontevedra.

   Teléfono e Fax: 986.700.822
   e-mail: educacion@soutomaior.com
 

Concelleira: Fátima Vidal

 



 

 


 

 



 

 

 

 

 

 

 

subir




AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

Axudas para a adquisición de material escolar

 

axudas material

A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.


Requisitos:

Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €.
Contía das axudas: 50 € por alumno/a
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de novembro de 2015.

Máis información e solicitudes: no Multiusos (OMIX),  Arcade . Tel. 986700822 educacion@soutomaior.com


 

subir



 

PROGRAMAS E ACTIVIDADES

 

Escola de Pais e Nais

Protocolo de absentismo escolar

Coñece o teu Concello: Xeocaching para principiantes

 

Actividades programadas

 

 


Escola de Pais e Nais

Dende A Concellería de Educación  apóstase polo traballo conxunto cos diferentes axentes educativos, e como non hai dúbida de que a familia é un dos axentes fundamentais, retómase o proxecto da Escola de Pais e Nais iniciado no ano 2009. O formato e metodoloxía do programa foi cambiando desde o seu inicio para adaptarse ás demandas das familias e tamén ás necesidades actuais da poboación nova. Comezouse cun programa que se desenvolvía no centro Manuel Padin Troiteiro, polas tardes, usando como metodoloxía as sesións presencias guiadas por terapeutas que orientaban e asesoraban mediante o uso de técnicas de participación e de grupo a resolver todas as dúbidas das familias con fillos e fillas en idade infantil e xuvenil. Este formato funcionou moi ven durante dous anos pero a partir de aí vimos a necesidade de cambiar e facelo máis flexible para que as familias puideran manter a súa asistencia e permanencia no programa sen isto suporlles demasiado esforzo na súa conciliación da vida laboral e familiar. De aí que, o seguinte paso da Escola Municipal de Pais e Nais mudase a un formato de obradoiros charla impartidos no centro Multiusos en Arcade, cunha periodicidade mensual. Ademais, nesta segunda andaina incorporamos unha demanda das familias, a cal non puidéramos dar resposta noutras ocasións; e así, Escola de Pais e Nais ademais de ter como destinatarios/as directos aos pais e nais (ou avós, avoas) pasou a ter tamén participantes directos aos propios nenos e nenas que asistían a obradoiros lúdicos e formativos mentres que os pais e nais asistían ás sesións da escola. 

Obxectivo xeral
Abordar temas de interese para as familias e colaborar na xestión dos seus conflictos e dúbidas dotándoos de ferramentas útiles para o seu quefacer diario como educadores e educadoras. 

Obxectivos específicos 
Vincular ás familias nas temáticas que afectan á infancia e mocidade de xeito que poidan ter ferramentas para previr e resolver conflictos. Dotar ás participantes de nocións básicas e dalgunhas ferramentas específicas nas diferentes temáticas.

Metodoloxía

A escola de pais e nais terá unha metodoloxía eminentemente práctica usando técnicas de educación popular, xogos de rol, exposicións, etc. As sesións dividiranse en :

Charlas /obradoiro - de sesións presencias dirixidas a pais e nais sobre as diferentes temáticas propostas. A estas temáticas poderán sumarse novos temas propostos polas familias que se incorporarán ao programa e se distribuirán no calendario tendo en conta a dispoñibilidade das familias. Estas sesións terán unha duración de hora e media.

Obradoiros lúdicos /educativos - de sesións presenciais dirixidas aos máis pequenos. As temáticas serán variadas e sempre se intentará que os contidos sirvan para educar en valores positivos para a convivencia cos demais, o respeto ao medio ambiente, hábitos saudables, etc. Nestes obradoiros soamente poderán participar as persoas que veñan a cargo dalgunha persoa que están participando nas sesión da Escola. A duración dos obradoiros será a mesma que as sesións dirixidas aos pais e nais.

As sesións sempre estarán dirixidas por unha persoa capacitada para traballar o tema proposto e con ampla experiencia na formación e educación non formal. Cando remate cada sesión pasarase un cuestionario avaliativo no que se valorará a sesión (contidos, metodoloxía, docente,...) e, na que tamén se poderán suxerir outros temas de interese para vindeiras sesións ou calquera outra cuestión que sexa de interese para o desenvolvemento da Escola de Pais e Nais. A participación na Escola de Pais e Nais será de balde.

Material de apoio para as familias e educadore/as

Control parental. Medios técnicos
Pautas para fomentar a responsabilidade
Pautas para fomentar o hábito de estudio

Material de apoio na Biblioteca Municipal 
 
Enlaces
Enlaces a WEBs educativas en Educación Infantil
 
Para propoñer temas para a Escola de Pais e Nais enviar correo a omix@soutomaior.com


 
As persoas interesadas en coñecer máis información sobre estes obradoiros poderán facelo na OMIX, r/ Peirao, 8 – Multiusos – Arcade (Concello de Soutomaior) Teléfono 986700822, omix@soutomaior.com . Terán preferencia nos obradoiros lúdicos os nenos e nenas que asintan coas persoas que participen no programa de adultos (charlas – obradoiro).

 

 


                                                                                                                 subir



 




 

Actividadess

 

EducaciónPROXECTOS EDUCATIVOS
Abril, maio, xuño 2017

Ver díptico programación




 

 

O Concello de Soutomaior promove novas actividades na área de Educación para os meses de maio e xuño.

Comezamos cunha nova proposta do programa ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS: coñece o teu Concello que nesta ocasión conta con dous roteiros. O primeiro previsto para o domingo 28 de maio que vai percorrer as diferentes paisaxes de Aranza. Partiremos da zona máis baixa, a carón do río Oitavén e subiremos ata case 300m. É unha subida esixente, pero que se fai máis levadeira ao observar a beleza que nos rodea. Visitaremos os socalcos e algunha zona de monte alto, teremos vistas aos canóns do Oitaven, camiñaremos entre muros antigos e poderemos remollar os pés nas pozas de Aranza, para regresar polas intrincadas rúas da zona.

O seguinte previsto para o domingo 18 de xuño que comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitavén. No noso camiño teremos ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e con algo de sorte, ver algúns dos animais que teñen aquí o seu fogar. Tamén poderemos visitar un par de muíños agochados entre a vexetación. E se o tempo acompaña, ao finalizar, poderemos gozar dun baño nas augas claras e frescas do río. 

Para participar é obrigatorio inscribirse previamente na OMIX porque as prazas son limitadas.

Outra das actividades programadas para este trimestre dentro do programa APRENDENDO EN FAMILIA: escola de pais e nais é a charla obradoiro organizada sobre o tema do ACOSO ESCOLAR. Que terá lugar o martes 30 de maio de 18,00 a 19,30 no CPI M. Padin Truiteiro e que vai dirixida a familias  e interesados/as en xeral. Poderase acudir con nenos/as porque haberá unha monitora encargada de realizar actividades con eles/as mentras que as familias asisten á charla.

Máis información sobre estes programas na web municipal www.soutomaior.com

 


                                                                                                                 subir/a>

 


 





     
Parroquias - Localización - Mapas - O Castelo - Axenda - Galería Fotográfica - Mapa Web - Aviso Legal

© 2006 Concello de Soutomaior
Rúa Alexandre Bóveda, 8 36691 - Soutomaior Pontevedra
Webmaster: LYC Servicios Informáticos