stas son algunhas das variedades que atoparemos no
xardín do castelo.
As árbores máis "vellas" son os Castiñeiros
chegándose a datar algún deles en 800 anos
de antigüidade. O resto do arbolado é moito
máis recente e pódese datar en
aproximadamente un século.
“finca” do castelo de Soutomaior comprende 25
hectáreas de terreo que ó longo da súa historia fóronse destinando a distintos usos.
A orixe do parque e dos xardíns ven dada polos
Marqueses de la Vega de Armijo e de Mos hacia 1870,
época na que deciden fixar a súa residencia de verán
no Castelo de Soutomaior, comenzándose tanto a
remodelación do recinto amurallado, como a creación
dos xardíns que substituíron ós campos de millo alí
existentes.
En 1905 fálasenos por primeira vez do arboledo do castelo na obra da Marquesa de Ayerbe “El Castillo
del Marqués de Mos en Sotomayor”, obra na que nos
conta as diversas variedades de plantas e árbores
que se dan.
Non debemos esquecer na nosa relación histórica a
obra de D. Rafael Areses publicada en 1953 “Nuestros
parques y jardines”, na que se daba mención ás
diferentes especies que pola súa rareza ou ben polo
porte se atopaban no parque do Castelo de Soutomaior,
citando entre elas: a Abies pinsapo, Araucaria
imbricada, Celtis australis, Chaenomeles japónica,
Chamaecyparis lawsoniana, Eucalyptus cinerea,
Lasiandra macrantha, Libocedrus decurrens, Polygala
myrtifolia, Pseudotsuga douglasii, Salvia eriocalyx,
Sorbus aucuparia, Tecoma capensis, Tilia americana,
Tritoma uvaria, Araucaria araucana, Cryptomeria
japónica, Cunninghamia lanceolata, Pinus roxburghii,
Sequoia sempervirens, Thujopsis dolabrata.
Como se pode observar, xa nesta época se citan
diversas especies que aínda hoxe podemos contemplar
no parque. As árbores máis vellas que se atopan no
parque son os Castiñeiros, dándose algún de ata 800
anos de antigüidade. O resto do arboledo é moito
máis recente e pode datarse en aproximadamente dun século.
n 1982, a Deputación Provincial de
Pontevedra adquire a propiedade e en cinco anos leva
a cabo a rehabilitación das edificacións e do
parque, considerándose oportuno a conservación e
mellora do Parque e Xardíns existentes e a
ampliación dos mesmos, a creación dun bosque
autóctono galego, creación dun viñedo con variedades
autóctonos de Galicia, creación dun souto de
castiñeiros, conservación de variedades autóctonas de
frutais de oso e pepita, creación dunha colección de
camelias e colección de rosais nos xardíns.
Primeiramente para a súa rehabilitación tívose que
facer un estudo dos exemplares para coñecer
exactamente o que nel había e preparar un primeiro
inventario. Realizouse o levantamento topográfico
situando nun plano todos os exemplares das diversas
especies presentes no parque, logrando o
recoñecemento e situación inmediata de cada
individuo particular e simplificando todos os
traballos posteriores. Unha vez clasificados
botánicamente e numeradas todas as árbores,
situáronse os nomes científicos e comúns de cada un
deles para facilitar deste modo o recoñecemento
por parte dos visitantes, a quen se lles fai entrega
dun tríptico donde figuran as especies arbóreas
numeradas, fotografía das mesmas e cantos datos de
interése se estimen necesarios para a divulgación e
coñecemento do belísimo parque que rodea o Castelo.
A seguinte actuación en orde cronolóxico, foi a de
clasificar e marcar as árbores que pola súa
situación e forma de vexetación era necesario
eliminar en beneficio do resto. Tívose especial
coidado en non suprimir ningunha especie que non
quedara representada no parque, substituíndo os
suprimidos por exemplares de maior porte, beleza e
posibilidade de vexetar en mellores condicións.
institución provincial, dende hai
tempo implicada no desenvolvemento e
cultivo da camelia, quixo crear a
súa propia colección, que se pode
apreciar nos arredores do castelo,
unha das máis representativas e
coñecidas especies e variedades que
se foi formando en tres etapas.
Unha primeira
fase inicial, á que corresponde a compra do castelo,
época na que o xardín contaba con 19 exemplares de
camelia "japonica", das máis antigas de Galicia; a
segunda empeza en 1986, data na que se incorporan
novos exemplares, adquiridos en viveiros galegos e
estranxeiros de Francia, Inglaterra, California e
Nova Zelanda ou procedentes de diversas doazóns
feitas por particulares; na terceira engádense
cultivos de especial interese pola súa singularidade
pero aumentando cada ano un número reducido de
camelias.
Os labores emprendidos durante estes tres períodos
deron como resultado a colección da Deputación con
500 camelias, das cales 230 están no predio do
castelo. Préstaselles unha atención continuada ás
plantas, concretamente unha vez por semana en épocas
de especial interese e cada quince días o resto do
ano para que así manteñan un perfecto estado
fisiolóxico e sanitario.
Na actualidade o parque do castelo conta cunha
extensión duns 15.700 m2. Nesta superficie
consérvanse como foron deseñadas na súa época zonas
con elementos primitivos, como é a Praza dos (Castiñeiros),
a dos Plátanos, e o xardín racionalista.
s visitas ó castelo e ás
exposicións poden realizarse de martes
a domingo, cun horario de 11:00 a 13:00 horas e de
17:00 a 19:00 horas en inverno; en verán de 11:00 a
14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Os luns está
pechado ó público.