Castelo
de Soutomaior está situado nun lugar verdadeiramente
privilexiado pola ampla paisaxe que dende alí se
divisa, a uns 119 metros sobre o nivel do mar,
dominando o territorio enmarcado polo val do río
Verdugo, dende a súa confluencia co Oitavén ata a
súa desembocadura na enseada de San Simón, en Arcade.
Colocado no centro xeográfico do municipio do mesmo
nome, dista uns seis kilómetros por carretera da
costa marítima e un kilómetro e medio en liña
recta do río Verdugo.
Esta posición a pouca
altura, ademais de señorear as terras do seu feudo e
controlar as comunicacións de sur a norte da
provincia, ofrecelle as ventaxas de atoparse
agochado ante as invasións realizadas por mar
(normandos, turcos, piratas, etc.) e dispoñer de
abundancia de auga para desenrolar os seus propios
cultivos e pastizais para a gandería.
construcción orixinal data do século XII, si ben
será con Pedro Álvarez de Sotomayor, coñecido polo
alcume de Pedro Madruga co que alcance o seu máximo
esplendor xa que chegou a ser o epicentro da actividade política do sur de Galicia durante o
século XV.
Non é o clásico castelo
inaccesible, construido no alto de rochas de difícil
escalada. Si ben, polos lados oeste e norte existen
algunhas rochas e pendentes, polo leste e polo sur,
o terreo é liso e pódense alcanzar facilmente os
muros defensivos.
Rematado o período feudal,
o castelo co seu productivo chan do seu entorno
poido adaptarse fácilmente, incluso conservando os
seus vellos muros defensivos á nova producción
agríco-gandeira de tipo pacego da nobreza galega
arraigada no campo. Foi derruído durante a
Revolución Irmandiña e Pedro Madruga intervirá moi
directamente na súa reconstrucción.
Preto e ben situado xa estaba o Castro da Peneda, onde en 1477, o arzobispo de Santiago D. Alonso de
Fonseca e Ulloa construíu o castelo de Castrizán
para controlar ó de Soutomaior, e que á volta do seu
cautiverio en Castilla, Pedro “Madruga” conquistou e
derribou, ocupando o seu sitio na actualidade a
ermida da Virxen das Neves.
Unha das
características do castelo de Soutomaior é a
gran variedade de técnicas constructivas
empregadas, o que proba as moitas
reconstruccións levadas a cabo a medida que
os tempos ían sendo mellores e según fosen
sendo necesarios os perfeccionamentos nas
fortificacións. O cambio máis destacado
foi no século XIX cando o castelo pasa a
mans do marqués da Vega de Armijo coa
construcción neogótica da "Galería de
Damas", este transfórmao nunha residencia de
verán.
A súa inmediata sucesora é a
súa sobriña, a marquesa de Ayerbe, coñecida
popularmente como a "Marquesa Roja". Foi
unha das precursoras do movimento feminista
en España. Precisamente foi tamén a autora
dunha das mellores publicacións sobre o
pasado do castelo. O seu segundo esposo, o
doctor Lluria, construíu un sanatorio nos
seus arredores. Sen embargo, debido ás súas
actividades políticas, converteron a
Soutomaior nun centro sospeitoso de
conspiracións políticas e perderon a
propiedade no ano 1917.
No 1982 o castelo
pasou a mans da Diputación Provincial de
Pontevedra quen encarga a un grupo de
expertos a restauración do conxunto
procedéndose a un estudo histórico e
análise da súa evolución constructiva,
replanteándose todo o conxunto ata chegar á
solución de enfatizar o diálogo entre
fortaleza militar medieval e palacio
medieval decimonónico. O remate da
rehabilitación lógrase cinco anos despois na
que se repoñen entre otras cousas,
elementos, teitos artesonados de madeira do
palacio neogótico; sustitúense as
carpinterías exteriores e reponse a cuberta
do castelo por unha estructura metálica
ofrecendo maior volumen utilizable. A nova
modificación na Galería das Damas permite
que esta sexa visitable, ofrecendo un novo
mirador sobre o patio de armas.
Hoxe en día as
vellas pedras da fortaleza, xuntamente co xardín que
a envolve, destacan sobre as irregulares
parcelas de cultivo que en suave pendiente
descenden ata o río. Constitúe unha paraxe
para vivir plácidamente das comodidades que
a natureza pode ofrecer coa abundancia de
auga e bosques próximos con grandes
posibilidades de caza, o deporte favorito na
época das orixes desta casa, sen
esquecernos tampouco da pesca que ofrecen os
ríos do lugar.
Resumo da Evolución
Histórica:
XII-XIII: Torre defensiva. Oculta ás
invasións vikingas e normandas.
XIV: Fortaleza con dúas torres unida
por muralla e con un recinto amurallado.
Porta primitiva románica.
XV: Pedro Madruga convérteo na súa
fortaleza principal, coordinadora de todo un
sistema defensivo.
Barbacana de acceso.
Cambia a porta.
Segundo recinto-ponte.
Calabozo.
Troneiras en pechadura invertida.
Derríbase parcialmente, polos irmandiños e
reconstrúese a parte residencial
reducida.
XV-XVI: Os RR.CC. derriban a parte
superior da torre.
XVII: “A obra interior do castelo é
casa moi habitable. En disposición moderna e
capaz de moita familia”.
XVIII: Escudo Marqués de Mos e
restauración de torre 1780. Alúgase para
escola. Residencia de profesores de
cociña. Aula en salón de damas.
Galería de damas pintada de vermello e con
partes de madeira. Salón principal con
chimenea de granito e artesonado
Ó conxunto
amurallado accédese por unha ponte levadiza
e sobre a porta levántase o escudo dos
marqueses de Mos. Enfronte atópase a "Torre
del Homenaje", que máis que un carácter
defensivo tiña unha consideración de
dominio, a parte de ser útil para a vixiancia
debido a súa altura.
Unha vez dentro do
palacio pode un deleitarse coas antigas
estancias totalmente restauradas, así como
da ben labrada Galería de Damas que lle
resta dureza ó conxunto fortificado.
O muro exterior
defensivo ten unha forma ovalada irregular
que se adapta, en certo modo, ás
rocosidades do terreo. Nos extramuros
sitúanse os maxestosos xardíns cunha rica,
variada e centenaria flora, unha praza
rodeada de plátanos, unha avenida de
hortensias e unha fermosa e variada
colección de camelias. Sobreviven
castiñeiros de oitocentos anos de
antigüidade.
Na parte alta do
terreo atópase a capela de San Caetano, onde
se celebra anualmente unha gran romaría
popular no mes de agosto.
As visitas ó
castelo e ás
exposicións poden realizarse de
martes a domingo, cun horario de 11:00 a
13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas en
inverno; en verán de 11:00 a 14:00 horas e
de 17:00 a 21:00 horas. Os luns está pechado
ó público.