|
1.- |
Servizo de Consulta en Sala |
| |
A biblioteca pon a disposición dos seus
usuarios unha ampla colección de libros,
materiais audiovisuales, revistas, diarios
oficiais, periódicos, etc. que poden ser
consultados libremente.
Para acceder á sala e consultar os
fondos non fai falta carné de lector. A
sala pode utilizarse para o estudio,
ainda que non está permitida a reserva de
postos.
Para ver as condiciones de acceso e normas
pulsa aquí.
|
|
2.- |
Servizo de Préstamo |
| |
O préstamo
é
libre e gratuito pero para poder utilizar o
servizo é necesario ter carné de lector,
que só poderá ser utilizado polo titular
do mesmo. Para efectuar a devolución dos
materiais prestados é necesario mostrar o
carné de socio ou no caso de non ser o
titular o que fai a devolución, debe
indicar o número de carné de socio ou
apelidos do titular do préstamo.
Tamén contamos con
anuarios, diccionarios, enciclopedias,
manuais básicos e obras que, polo seu interese
ou gran demanda por parte do público, a
biblioteca decidiu excluir do préstamo.
Para ver as
condiciones do servizo de préstamo
pulsa
aquí.
|
|
5.- |
Prensa, revistas e publicacións oficiais |
| |
O acceso a este
servizo é libre e gratuito. Non se
permitirá a consulta simultánea de máis dun diario ou revista.
Os periódicos do día
son de libre acceso e se atopan nos
expositores próximos ó mostrador. Os
periódicos dos 30 días anteriores gárdanse no fondo da sala.
Periódicos
El País El mundo La voz da Galicia Faro de Vigo Atlántico diario Diario de Pontevedra El Correo Gallego Marca A Nosa Terra (semanal) Merca Vedra (mensual)
Publicacións
periódicas
1. Capital 2. Computer idea 3. Fotogramas 4. Integral 5. Marca motor 6. Muy interesante
7. Nacional geographic 8. Natura 9. Viajes Nacional Geographic 10. Batente 11. Bibliodiversidad 12. Boletín socioeconómico de Pontevedra 13.
Infoxove 14. Carta local de la FEMP 15. Encrucillada
16. Ollo Público
17. Praza das Letras
18. Cadernos da literatura
galega na escola
As
publicacións periódicas de anos anteriores
conservanse en depósito. Ditos exemplares
poden pedirse no mostrador.
Publicacións oficiais
Boletín Oficial
del Estado Diario Oficial de Galicia Boletín Oficial de la Provincia
|
|
6.- |
Internet e ofimática |
| |
A biblioteca
dispón de tres ordenadores con acceso a
Internet, un de eles reservado para
consultas rápidas, e de unha impresora en
rede.
Estes equipos teñen instalados ferramentas
de traballo informático tales como
procesadores de texto e follas de cálculo.Todos os
ordenadores dispoñen dun programa de
control de contidos.
Para ver as
condicións de acceso e normas
pulsa aquí.
|
|
7.- |
Reprografía |
| |
Dispoñemos de
fotocopiadora para a reproducción de
documentos da biblioteca. En todo caso o seu
uso farase conforme á Lei de Propiedade Intelectual.
En cumplimento de esta lei e co fin de
garantizar a conservación dos fondos
bibliográficos, o usuario poderá obter
ata un máximo de 20 fotocopias directas dunha mesma obra, sempre
e cando sexan
posteriores a 1958 inclusive, e nunca máis dun tercio da obra reproducida, en
calquer caso, e que se atope en bo
estado de conservación, a xuizo do/a
bibliotecario/a responsable do fondo.
Dispoñemos do
servizo de impresión, grabación e escaneo
de imáxes e/ou texto en formato DIN A4.
Tarifas por
fotocopia: 5 cents. por páxina.
Tarifas por impresión branco e negro: 10 cents. por páxina.
Tarifas por impresión en cor: 15 cents. por
páxina.
As impresións en cor con imáxes que
superen máis do 30% da superficie do papel
cobraránse a 40 cent. por páxina.
|