SERVIZO DE PRÉSTAMO

 


O servizo de préstamo ofrece e facilita ó público a posibilidade da lectura e consulta nos seus enderezos de materiais de diverso tipo por un periodo de tempo preestablecido.

Materiais en préstamo

Cada socio, ben sexa infantil ou adulto, poderá retirar un máximo de 8 documentos en total, repartidos da seguinte forma:

TIPO DE DOCUMENTO

CANTIDADE

PERÍODO

RENOVACIÓNS

LIBRO

3

15

1 - 15 días
REVISTAS 3 15 1 - 15 días

DVD

1

7

Non

CD

2

7

Non

CD-ROM

1

15

Non

No caso de non rematar a súa lectura, poderase renovar o préstamo por 15 días, ben de xeito presencial ou ben a través do teléfono 986-700.291 en horario de tarde, de 14 a 20 horas ou mediante correo electrónico biblioteca@soutomaior.com. Cando o libro estivera reservado, non poderá renovarse.

Durante a TEMPORADA DE VERÁN, entre os meses de xullo e agosto, a política de préstamo poderá variar, de modo que se aumente o número de documentos que poidan ser retirados. Ademais, excepcionalmente, flexibilizaráse o período durante o cal cada usuario pode dispoñer dos mesmos, en caso de que o prazo de 15 días sexa insuficiente, facendo indicación expresa de tal circunstancia no momento de solicitar dito préstamo.

Se o documento de calquer tipo que desexe levar estivera prestado, podese realizar unha reserva, ata un máximo de 2 documentos. Este servizo tamén se pode utilizar desde Internet, ben a través do noso correo electrónico, ou ben directamente dende o Catálogo en líña.

Sancións:
. Por cada día de demora na devolución do préstamo corresponde un día de sanción sen poder utilizar o servizo de préstamo. Ademáis, os días de sanción multiplicaranse polo número de materiais que devolveron con demora.

. Quen extravíe un libro ou outro material, deberá adquirir un novo ejemplar do mesmo título, co obxecto de repoñelo na biblioteca. No caso de que o libro estea agotado ou sexa moi difícil  a súa adquisición, indemnizará a biblioteca.

. Quen supere un prazo de tempo prolongado sen devolver os documentos prestados será dado de baixa como usuario do centro e estará suxeito ás accións legais que en dereito correspondan.

subir