Voltar ó Inicio Inicio           Ver Soutomaior en Galego Galego    Ver Soutomaior en Castellano Castellano     Ver mapa Web de www.soutomaior.com Mapa Web     Contacto co Concello Contacto      Data e hora

 
  Biblioteca - Club de lectura en español

Biblioteca

Información Xeral

Servizos que ofrecemos

Biblioteca Infantil

Actividades

Axenda

Club lectura fácil
Club lectura infantil
Club lectura en español
Club lectura en inglés
Club lectura en francés

Catálogo

Catálogo

Servizos en liña

Solicitude de carné

Alerta de novidades

Suxerencia de compras

Recursos

Películas - DVD
Biblioteca pais e nais

Hemeroteca local

Recursos na rede

Últimas adquisicións

Guías de lectura

Enlaces

Rede de Bibliotecas de Galicia

Rede de Bibliotecas de Galicia

 

 



 

Club de lectura español/galego
club lectura fácil

Un club de lectura fórmano un grupo de persoas que leen ao mesmo tempo un libro. Cada unha faino na súa casa e unha vez ao mes reunense todos para compartir e comentar as lecturas programadas. No fai falla que sexas un experto lector, o Club está pensado para xente coma ti con inquietudes culturais, gañas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas.
O clube está aberto todo o ano e os libros son proporcionados pola biblioteca Luis Seoane de Soutomaior.
As reunións celebraranse na segunda planta da biblioteca e están coordinados por Eva Rodríguez Ferreiros, filóloga, escritora e experta en coordinación de clubes de lectura.

 

LECTURAS PROGRAMADAS ANO 2016

tristana

O mesón dos ermos / Ramón Otero Pedrayo


Esta novela de Ramón Otero Pedrayo (1888 -1976), a sexta das del publicadas antes da Guerra Civil, apareceu por primeira vez en Ourense en 1936 cando o seu autor contaba cuarenta e oito anos de idade.
O mesón do Ermos pertence ó que se ven chamando o ciclo das novelas realistas de Otero Pedrayo, encetado con Os camiños da vida en 1928 e interrumpidos despois con Arredror de si (1930), Fra Venero e A romería de Gelmírez (1934), e Devalar (1935), que pertenecen ó grupo das novelas culturais. Naquelas, a maestría de Otero alcanza, segundo a opinión de algún críticos, a cima do seu bo novelar.
Hai nesta rexa historia acontecida nos montes do Paraño, unha rica variedade de perxonaxes, psicolóxicamente ben trazados sempre que culmina na figura magnífica do Xepe; unha fina e matizada pintura da vida da aldea ; unha soberbia descripción da pasaxe; unha lingua , en fin, dunha riqueza e unha viveza expresivas inusitadas, que fan desta novela unha das máis logradas de todas cantas escribiu Otero.

Reunión: 22 de xuño de 2016 ás 18:30 h.  


tristana

Suite francesa /Irene Némirovsky


O descubrimento dun manuscrito perdido de Irène Némirovsky causou unha auténtica conmoción no mundo editorial francés e europeo. Novela excepcional escrita en condicións excepcionais, Suite francesa retrata con mestría unha época fundamental da Europa do século XX. No outono de 2004 foille concedido o premio Renaudot, outorgado por primeira vez a un autor falecido.
Imbuída dun claro compoñente autobiográfrico, Suite francesa iníciase en París os días previos á invasión alemá, nun clima de incerteza e incredulidade. Enseguida, tras as primeiras bombas, miles de familias lánzanse ás estradas en coche, en bicicleta ou a pé. Némirovsky debuxa con precisión as escenas, unhas conmovedoras e outras grotescas, que se suceden no camiño: ricos burgueses angustiados, amantes abandonadas, anciáns esquecidos na viaxe, os bombardeos sobre a poboación indefensa, as artimañanas para conseguir auga, comida e gasolina. A medida que os alemáns van tomando posesión do país, albíscase un desmoronamiento da orde social imperante e o nacemento dunha nova época.
A presenza dos invasores espertará odios, pero tamén historias de amor clandestinas e públicas mostras de colaboracionismo. Concibida como unha composición en cinco partes - a autora só alcanzou a escribir dúas - Suite francesa combina un retrato intimista da burguesía ilustrada cunha visión implacable da sociedade francesa durante a ocupación. Con lucidez, pero tamén con desasosego notablemente exento de sentimientalismo, Némirovsjy permítelle compoñer unha radiografía fiel do país que a abandonou á súa sorte e arroxouna en mans dos seus verdugos. Estamos pois ante un testemuño profundo e conmovedor da condición humana, escrito sen a facilidade da distancia nin a perspectiva do tempo, por alguén que non chegou a coñecer sequera o final do cataclismo que lle tocou vivir.

Reunión: 25 de maio ás 18:30 h.  



tristana

O paraíso na outra esquina/ Mario Vargas Llosa


¿Dónde se encuentra del Paraíso?¿En la construcción de una sociedad igualitaria o en la vuelta al mundo primitivo?
Dos vidas: la de Flora Tristán, que pone todos sus esfuerzos en la lucha por los derechos de la mujer y de los obreros, y la de Paul Gauguin, el hombre que descubre su pasión por la pintura y abandona su existencia burguesa para viajar a Tahití en busca de un mundo no contaminado por las convenciones.
Dos conceptos del sexo: la de Flora, que sólo ve en él un instrumento de dominio masculino, y la de Gauguin, que lo considera una fuerza vital imprescindible puesta al servicio de su creatividad.
¿Qué tienen en común esas dos vidas desligadas y opuestas, aparte del vínculo familiar por ser Flora la abuela materna de Gauguin?. Esto es lo que Várgas Llosa pone de relieve en esta novela: el mundo de las utopías que fue el siglo XIX.
Un nexo de unión entre dos personajes que optan por dos modelos vitales opuestos que desvelan un deseo común: el de alcanzar un Paraíso donde sea posible la felicidad para los seres humanos.

Reunión: 27 de abril de 2016 ás 18:30 h.  


tristana

Sete Caveiras / Elena Gallego Abad

Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas. E cos cadáveres que, ao longo dos días seguintes, irán aparecendo na ría de Vigo. Pero ninguén máis o sabe. Sobre a mesa de Marta Vilas comezan a amorearse os xoguetes de colección. Un click motorista roubado do peto dun motorista, un click garda civil atopado preto do corpo dun membro da benemérita, un click pirata esquecido no coche dun informático asasinado... Para a xornalista, apartada da sección de Sucesos por diferenzas co redactor xefe do seu diario, descubrir a identidade do criminal convértese nunha obsesión. Aínda que nunca poderá contar todo o que sabe. Trepidante e por momentos divertida, Sete Caveiras fía unha serie de asasinatos en escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos oitenta. Esta novela, tamén homenaxe da autora á profesión xornalística, tece unha engaiolante trama de intriga con banda sonora da Movida.  

Reunión: 30 de marzo de 2016 ás 18:30 h. 



LECTURAS  ANO 2014

LECTURAS  ANO 2012

LECTURAS  ANO 2011



                                                                                                                                                                           
subir

     
Parroquias - Localización - Mapas - O Castelo - Axenda - Galería Fotográfica - Mapa Web - Aviso Legal

© 2006 Concello de Soutomaior
Rúa Alexandre Bóveda, 8 36691 - Soutomaior Pontevedra
Webmaster: LYC Servicios Informáticos