
Neste último ano, moitos
foron os amigos que visitaron a
Biblioteca Municipal de Soutomaior.
Algúns doáronnos libros,
películas, outros o seu tempo
difundindo as nosas actividades nos
seus barrios ou lugares de traballo
(colocación de carteleria), outros
axudáronnos a mellorar coas súas
suxerencias.
Desde este enlace quixeramos
invitarte a formar parte de este
Club de amigos para que compartas
con nos as túas iniciativas ou
propostas. As túas aportacións
axúdannos a mellorar os servizos de
esta estupenda biblioteca.
O noso agradecemento a
aqueles que durante o ano 2005
enriqueceron con as súas doazóns de
documentos o fondo da
biblioteca, ós que quixeron
ser anónimos e a María José Lago, Cynthia López Castellano, Chelo
Santaclara Maneiro, Montserrat
Rubianes, José Agustín Landeiro
Rubino, Xosé Ramón Vidal González e
Antonia Parra Sanz.
Ás Institucións que
doaron documentos: Xunta de Galicia,
Deputación de Pontevedra, Concellos
de Redondela e Pontevedra, Centro
Dramático Galego, Universidade de
Vigo e Fundación Araguaney de
Santiago de Compostela.
Ós
grupos culturais que
actuaron dun modo desinteresado :
Asociación Arca de Soños de Arcade (Contacontos
para nenos) e Grupo Amistad de
Pontevedra (Lecturas do Quixote).
Ás
Institucións que colaboraron activamente na
difusión das nosas actividades:
Colexio M. Padín Truiteiro, Colexio
Oliveira, Colexio
Santiago Apóstol, Ludoteca Miudos,
medios de comunicación e ós
párrocos de Arcade e Soutomaior.
Á colaboración
e
asesoramento do Instituto
Cervantes de Casablanca, Biblioteca
Nacional Española, Facultad de
Documentación (Universidad de A
Coruña), Centro Superior
Bibliográfico de Galicia.
Se ti tamén queres colaborar
con nos ponte en contacto coa Biblioteca
no
986.700.291
ou na dirección
biblioteca@soutomaior.com.
|