|
|
CLUBE BALONCESTO ARCADE |
| |
Avda. José Solla, 47 – Baixo
Teléfonos: 986.700.168 - 616.279.705
Fundado no ano 1945 na cerámica
de Arcadia, e desde entonces está
competindo a bo nivel, antes era
solamente un equipo, pero na
actualidade atende tamén a base da
que rexenera os seus compoñentes nas
categorías superiores.
Baloncesto en todas as categorías
(Benxamín, Alevín “tanto masculino
como feminino", Infantil, Cadete, Xunior e Senior Masculino).
| |
Xunta Directiva |
| |
Alfonso Pazos Martínez (Presidente)
Lorenzo Verde Rubial
(Vicepresidente)
José Manuel Méndez Méndez
(Secretario)
Carlos Alfonso Pazos Fernández
(Contador)
David Fructuoso Hermo (Delegado)
José Manuel Méndez Agulla (Delegado)
|
| |
Actividades |
| |
Competicións de baloncesto federadas
Liga e copa na zona de Vigo, en
Senior e Xunior masculino, ademais
de participar en torneos por toda a
provincia.
Nas categorías inferiores de
preparación participa na liga
escolar cos benxamins, alevíns e
infantís, tanto masculinos
como femeninos. E atende a escola de
Baloncesto do colexio de E.X.B.
Padín Troiteiro.
|
| |
Palmarés |
| |
No 1947 quedou campión do Trofeo
Profidén co nome de Arcadia, no 1952
foi campión de segunda división
ascendendo a primeira co nome de
S.P.M.Arcade. Nas decadas do 60 ó 86
foi campión de xuvenís, Xunior e senior en varias ocasións
así como de Torneos como o Banco de
Bilbao de Santiago e o Manolo
Martínez e Apertura de Vigo. Xogou
en varias ocasións a liga de
Terceira División Nacional, antes de
chamarse Autonómica, todo isto cono
nome de Pontesa/arcade.
Tomou as rendas como C.B.
Arcade ó desfacerse a Pontesa, e
volveu a ascender á Categoría
Autonómica patrocinado por Sonic co
nome de Arcade, agora está
patrocinado pola firma local Itaipu/Trade
S.L.
|
|