O Axente de Emprego e
Desenvolvemento Local (Aedl) é un
servizo situado na Casa do Concello
de Soutomaior, ten como misión
principal colaborar na
implantación das políticas activas
de emprego relacionadas coa
creación da actividade empresarial.
O Aedl é unha iniciativa
pública municipal en colaboración
coa Xunta de Galicia e o Fondo
Social Europeo creada co
obxectivo de facilitar o desenvolvemento do contorno
socioeconómico e a creación de
emprego.
O obxectivo xeral do Axente de
Emprego e Desenvolvemento Local é
fomentar a actividade
económica e social no concello,
ca finalidade de xerar
crecemento económico e
desenvolvemento social.
O seu ámbito de actuación é
municipal, dependendo
orgánica e funcionalmente do propio
Concello; carece de personalidade
xurídica propia e está configurada
como un servicio municipal, un
instrumento máis de xestión.
Na actualidade os costes de
funcionamiento están cofinanciados
pola Consellería de Traballo e
Benestar.
Os beneficiarios inmediatos son os
novos emprendedores, empresarios,
comerciantes, traballadores,
desempregados e en xeral, aqueles
que pretendan poñer en marcha ou
ampliar calquera tipo de iniciativa
empresarial.
Actividades e Servicios
1. Promoción económica e fomento
do emprego
• Creación de empresas
-Promoción de emprego autónomo
-Fomento do emprego en cooperativas
e sociedades laborais
-Axudas a mulleres emprendedoras
-Apoio creación, ampliación e mantemento de centros especiais de
emprego.
-Iniciativas locais de emprego
-Iniciativas de emprego rural.
-Iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
• Incentivos á contratación por conta allea
• Financiación e inversión
empresarial.
• Axudas para persoas con
discapacidade.
• Comercio local.
• Agricultura e gandería.
2. Programas e iniciativas
europeas
• LEADER
• GAC
3. Orientación laboral.
4. Promoción da formación.
• Detección de necesidades
formativas.
• Programación e execución de
cursos e seminarios:
-Seminarios dirixidos a emprendedores
-Accións formativas prioritariamente
para desempregadas (Cursos AFD)
-Obradoiros de emprego.
-Cursos de formación continua
dirixidos a traballadores en activo
-Seminarios e xornadas para
empresarios
5. O concello en cifras.
Informes socioeconómicos que
permitan coñecer a situación
económica e social do municipio
para unha mellor visión do
territorio.
subir
|